María do Carme García Negro, nada en Lugo o 22 de febreiro de 1950, é unha economista, escritora, e profesora galega. Foi fundadora do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e membro dos seus dous primeiros consellos nacionais.

Traxectoria

É doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora do Centro de Documentación Europea (1990-1994), directora do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e directora do Curso de Posgrao "Especialización en Economía Pesqueira".

Obras A pesca galega no proceso de integración económica española, 1961-1981, 1987. As mulleres e os cambios sociais e económicos (ed.) 1995.

Obras colectivas Ensaio histórico e económico: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditora con Bieito Alonso, Xosé Manuel Sánchez Rei e Luís Obelleiro Piñón.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Pilar García Negro Ligazóns externas María do Carme García Negro en galegos.info.

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes