O escudo de armas da República Dominicana é case unha reprodución da bandeira estatal. Creouse como resultado da proclamación da independencia (1844) e dende entón sufriu numerosas modificacións (hai evidencias da existencia de catorce modalidades diferentes). Os do primeiro período teñen elementos comúns co escudo haitiano, como o sombreiro frixio e as armas. O que presenta algúns elementos máis achegados ó escudo usado neste momento é de 1857. O actual foi deseñado por Casimiro Nemesio de Moya e oficializado por decreto o 6 de febreiro de 1913 polo goberno do presidente Adolfo Alejandro Nouel.

Véxase tamén Ligazóns externas Emblema nacional da República Dominicana

Categoría:Símbolos da República Dominicana República Dominicana