Danilo Medina Sánchez, nado en Arroyo Cano, San Juan o 10 de novembro de 1951, é un político e economista dominicano, que foi presidente da República Dominicana dende 2012 ata 2020.

Foi elixido presidente do seu país o 20 de maio de 2012 co 51% dos votos para o período 2012–2016, derrotando o expresidente Hipólito Mejía. En 2016, foi reelixido con 61,8% dos votos, derrotando a Luis Abinader, candidato do Partido Revolucionario Moderno (PRM). Nas eleccións de 2020 foi derrotado por Abinader.

É membro do Comité Central do Partido da Liberación Dominicana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Políticos da República Dominicana Categoría:Presidentes da República Dominicana Categoría:Dominicanos de ascendencia española