120px|miniatura|Autorretrato a lapis de 1820. Neste debuxo experimenta coa perspectiva da imaxe, con pernas e mans desproporcionadamente grandes en comparanza coa parte superior do corpo. Considérase que o artista traballou cun espello convexoJohanna Völker (2017) Zwischen Autonomie und Abhängigkeit. Künstlerische Werdegänge und gesellschaftlicher Status preußischer Maler in der ersten Hälfte des 19. Jahrhunderts. Franz Krüger – Carl Blechen – Eduard Gaertner. Tectum:Baden-Baden 2017, p. 228. Johann Philipp Eduard Gaertner, nado o 2 de xuño de 1801 en Berlín e finado o 22 de febreiro de 1877 en Flecken Zechlin, foi un pintor alemán, especializado en paisaxes urbanas.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia humilde, seu pai Johann Philipp Gärtner era un artesán dedicado á realización de tallos e cadeiras e como consecuencia da deterioración das condicións económicas tras da ocupación napoleónica de Berlín en 1806 estableceuse en Kassel e despois foi a nai, Caroline Plessmann co neno, dedicándose ao bordado en ouro. Eduard dende os dez aprendeu debuxo co pintor da corte do reino de Westphalia, Franz Hubert Müller. Despois da derrota de Napoleón na Campaña de Alemaña de 1813, nai e fillo, volveron a BerlínIrmgard Wirth (1985) Eduard Gaertner, der Berliner Architekturmaler. Propyläen:Berlín p. 7..

Aprendizaxe En 1814 entrou como aprendiz na Real Manufactura de Porcelana de Berlín, era unha época de recuperación económica tras o período bélico e o establecemento estaba interesado en formar novos aprendices e contratalos logo como traballadores cualificados. Desa época é a súa amizade con Gustav Taubert, o responsable da pintura figurativa e máis tarde director da Real Manufactura, que tivo moita influencia na súa técnica para o retratoIrmgard Wirth: Eduard Gaertner, der Berliner Architekturmaler. Propyläen, Berlín 1985. p. 17..

175px|miniatura|esquerda|Interior da antiga catedral de Berlín (1824). Este óleo que foi un pedido do rei prusiano supuxo o seu primeiro recoñecemento como pintor, característico é lograr que a atención do espectador vaia cara á arquitectura clásica e xoga coa luz, así a raiola de luz que penetra dende a dereita fai que sobre o piar sexa visible a sombra das barras da fiestra e ilumina a ringleira de asentos da nave próxima á que sentan dúas persoas, aínda así a obra, como todas as desta primeira época, semella dura, fría e sen aire Irmgard Wirth: Eduard Gaertner, der Berliner Architekturmaler, p 19 En 1820 rematou a súa etapa de aprendiz e no ano seguinte entrou no estudio do pintor da corte Karl Wilhelm Gropius e alí permaneceu ata 1825 pintando decorados para o teatro, é nesta época cando desenvolve o seu interese nas perspectivas arquitectónicas e na reprodución realista. Capital foi tamén o seu traballo co pintor, arquitecto e escenógrafo Karl Friedrich Schinkel, completando algúns dos seus deseños. A partir de 1822 completou a súa formación indo a clases na Academia das Artes de Berlín.

Etapa parisiense miniatura|Rue-Neuve-Notre-Dame in Paris (1826). A súa vista máis famosa de París, e como en moitas das súas obras resalta a vida cotiá da cidade 150px|esquerda|miniatura|Die Parochialstraße. Óleo sobre tea (1831) En 1824 grazas a unha encarga do rei de Prusia fíxose coñecido polo público e trouxo pedidos adicionais e así logrou en 1825 pagar unha viaxe de estudos a París que duraría tres anos e durante a que tamén visitou Nürnberg, Heidelberg, Gante, Bruxelas e Bruxas. So a influencia da paisaxe urbana parisiense comezou a se arredar das representacións interiores para se centrar principalmente nas paisaxes urbanasDominik Bartmann (2001) "Gaertners Parisreise 1825–1828". In: Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai:Berlin, pp. 65–70.. Nesta súa etapa parisiense viviu no estudio do paisaxista Jean-Victor Bertin que propiciou o maior interese de Gaertner pola pintura sobre tea mentres que era a acuarela a que predominaba na súa obra anterior. En París tamén aprendeu a lograr o efecto da aire e da luz unicamente por medio da cor, un cambio radical en relación ás súas primeiras obras.

Inspirado na paisaxe urbana de París realizou numerosas teas e acuarelas, enviando parte desta obra á exposición da Real Academia Prusiana de Arte de Berlín de 1827 e a crítica acolleuna con eloxios pola súa exitosa representación da luz e do aire.

Volta a Berlín 150px|miniatura|Die Klosterstraße. Óleo sobre tea (1830) En 1828 volveu a Berlín e estableceuse como artista independente, realizou numerosas vistas da capital prusiana que foron ben recibidas pola burguesía berlinesa e a familia real, isto e mais a súa pertenza á Berlinischen Künstler-Verein abriulle as portas da elite artística capitalina: Karl Friedrich Schinkel, Franz Krüger, Christian Daniel Rauch, Karl Eduard Biermann, Gottfried Schadow e Johann Heinrich HintzeEdit Trost (1991) Eduard Gaertner, Henschel:Berlín, pp. 15–16.

Na década de 1830 estaba no apoxeo do seu éxito, considerado o meirande pintor de paisaxes arquitectónicas de Alemaña, nesa época documentou os novos edificios berlineses, edificados nun estilo que se coñecerá como Biedermeier, amosando a cidade como un lugar de residencia idílico, aínda relativamente pouco industrializada; prazas e rúas aínda semellaban como as de calquera pequena vila.

Panorama de Berlín miniatura|150px|esquerda|Vista norte miniatura|150px|Vista leste miniatura|150px|Vista sur, panel dereito miniatura|150px|esquerda|Vista sur, panel esquerdo Unha das súas obras máis significativas é o Panorama de Berlín, realizado en seis partes en 1834 que amosa a vista panorámica de Berlín vista dende o teito da igrexa de Friedrichswerder, construída por Schinkel entre 1824 e 1830. Como base primeiro fixo un debuxo sobre tea que lle serviu como base, e logo sobre o tellado da igrexa montou un "cuberto" para protexelo do rigor do tempo e durante tres meses traballo alí na obra. Finalmente completouna no seu estudio a finais de 1834Edit Trost (1991) Eduard Gaertner, p. 51. Realizouno en seis paneis por non ter certeza se unha gran vista panorámica de 360º polo seu elevado prezo e dificultade para atopar un sitio axeitado de colocación atoparía mercador, mentres que sería máis doado vendelo en pezas máis pequenas a diferentes compradores. Mais logo de acabados os tres primeiros paneis mercouno completo o rei Frederico Guillerme para instalalo a partir de 1836 no Palacio de Charlottenburg Gisold Lammel (1995) Preussens Künstlerrepublik von Blechen bis Liebermann: Berliner Realisten des 19. Jahrhunderts. Verlag für Bauwesen: Berlín 1995, pp 27–28.

Os paneis evocan a ilusión de se situar no tellado da igrexa por iso mesmo a parte plana do teito, os pináculos, dúas torres e mais o peitoril forman parte do Panorama. Ao mesmo tempo fan máis fácil para o espectador determinar exactamente a súa posición.

No panel esquerdo da vista norte nun primeiro plano vese como o Alexander von Humboldt explica diante un telescopio a vista do Forum Fridericianum a unha parella, diante deles está a Ópera Real, ao fondo a Biblioteca Real e cara á esquerda a catedral de Santa Eduvixis. O arsenal localízase no lado dereito. Na vista leste pódese observar o parque do Lustgarden co Museo Real á esquerda e máis á dereita a antiga catedral de Berlín, en orixe barroca mais remodelada por Schinkel nun estilo neoclásico. No extremo dereito está o Palacio Real de Berlín que tamén se observa na vista sur, vista que está dominada no seu panel esquerdo pola Academia de Arquitectura de Berlín, aínda con estadas ao longo da súa estrutura. Nun primeiro plano está a propia figura do artista cun cartafol verde á súa esquerda coa inscrición "Panorama von Berlin" mentres o panel dereito da vista sur obsérvanse ao lonxe as torres do Gendarmenmarkt, entre elas vese o teito e o pórtico do Teatro Real.

Na vista occidental está dominada polas torres da propia igrexa e pódese ver un fillo de Gaertner xogando cun sabre e gabeando polo tellado. No lado esquerdo da vista oeste o conversan Peter Beuth, entón director do departamento de construción, e mais SchinkelUrsula Cosmann (1977) Eduard Gaertner 1801–1877, Berlin 1977, p 16..

O conxunto da obra transmite a Berlín burguesa coa súa énfase na universidade, na ópera, nos xardíns, o museo, a academia, o teatro mentres o Palacio Real, o centro da monarquía prusiana queda relegado ás marxes dos paneis Birgit Verwiebe (2001) "Erdenstaub und Himmelsdunst Eduard Gaertners Panoramen" in: Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai:Berlin, pp 97–111. Para alén o Panorama olla para a xente no seu labor diario: obreiros e carpinteiros nas estadas, remadores nas barcazas transportando barrís polo río ou unha muller que fai a cama.

Rusia miniatura|esquerda|Kremlin (1838). Acuarela miniatura|Panel esquerdo do Panorama do Kremlin (1839)

Tras o éxito do Panorama de Berlín Gaertner pensou en facer unha nova versión para lla vender á familia imperial rusa aproveitando as conexións familiares dos Hohenzollern, xa que a tsarina Alexandra Feodorovna era filla do rei prusiano e coñecedor que tanto o seu mestre Gropius como o seu amigo Krüger levaban anos vendendo a súa obra en Rusia. En 1837 partiu cara a San Petersburgo e logrou venderllo ao tsar Nicolao I como galano para a súa donaWasilissa Pachomova-Göres (2001) "Gaertner und Rußland" in: Dominik Bartmann (ed): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai: Berlín 2001. pp 113–114. Realizou máis visitas a San Petersburgo e Moscova en 1838 e 1839. En especial seduciuno a paisaxe moscovita, a súa arquitectura espazosa e exótica, e ao xeito de Berlín en 1839 realizou en tres paneis un Panorama do Kremlin nos que imitou a forma sagrada dun tríptico medieval, creando así un marco idóneo para as douradas cúpulas catedralicias. No panel esquerdo salientan o muro diagonal do Kremlin e a catedral do Arcanxo, e atrás desta agochase a catedral da Anunciación e o Gran Palacio do Kremlin. No panel da dereita están o mosteiro Chudov ou o convento da Ascensión, edificacións desmanteladas na época soviética. No panel do centro amósanse o campanario de Iván o Terrible e a campá caída Tsar Kolokol e máis ao fondo a catedral da Dormición. Ao longo do tríptico sucédense escenas da vida cotiá, nenos que xogan, popes con negras túnicas, cidadáns paseando ou militares facendo a rolda.

Novo estilo miniatura|Sala de estar do cerralleiro Carl Hausschild en Berlin (1843) O rei Frederico Guillerme era a principal fonte de ingresos de Gaertner, entre 1828 e 1840 compráralle 21 pinturas Helmut Börsch-Supan (2001) "Eduard Gaertner. Porträtierte Lebensräume" in Dominik Bartmann (ed.) Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai: Berlín, p. 13. Ao morrer en xuño de 1840 accedeu ao trono Frederico Guillerme IV que tiña uns gustos pictóricos diferentes, non estaba interesado na paisaxe urbana da cidade que vía todos os días; o seu modelo arquitectónico era o clásico de Grecia e Roma, territorios que Gaertner descoñecía, ademais o interese polos modelos de inspiración medieval tamén se fixo popular na corte. Pintores como Johann Heinrich Hitze, Friedrich Wilhelm Klose e Wilhelm Brücke estaban máis dispostos a cumprir con esta nova demanda. Asemade a pintura paisaxística estaba a substituír as imaxes arquitectónicas. Gaertner viuse obrigado a recorrer principalmente a unha clientela burguesa e a ampliar o seu repertorio artísticoSybille Gramich (2001) "Eduard Gaertner und die Berliner Architekturmalerei" in: Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai: Berlín, p. 47.. Nos anos seguintes mantivo a súa posición como pintor respectado no seo da burguesía berlinesa, con numerosas encargas, interesándose en especial polas representacións de interiores privadosEdit Trost: Eduard Gaertner, p. 20. miniatura|esquerda|Casa do concello de Thorn (1848)