Rosi Braidotti, nada en Latisana en 1954, é catedrática de Filosofía e directora do Centro de Humanidades da Universidade de Utrecht . Nada en Italia, creceu en Australia, onde se graduó na Universidade Nacional de Australia en Camberra e estudou filosofía na Sorbona (París). Desde 1988 é profesora na Universidade de Utrecht. Considerada unha das pioneiras nos estudos europeos de mulleres, a súa carreira recibiu moitos recoñecementos, como o doutoramento honorario da Universidade de Linköping (Suecia, 2013) e da Universidade de Helsinqui (2007) e o Premio Erasmus da Comisión Europea (2010).

Entre as súas obras de referencia traducidas a lingua castelá destacan Sujetos nómadas (Paidós-Arxentina, 2000), Metamorfosis. Hacia una teoría materialista del devenir (Akal, 2003), Feminismo, diferencia sexual y subjetividad nómade (Gedisa, 2004) e Transposiciones (Gedisa 2009). O seu último libro é The Posthuman (2013), traducido a lingua castelá como Lo Posthumano (Gedisa, 2015).

Notas

Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Nados en 1954