Francisco Guterres da Costa, popularmente coñecido como Lú-Olo, nado en Viqueque o 7 de setembro de 1954 e finado en Kuala Lumpur o 21 de xuño de 2026, foi un profesor, exguerrillero e político de Timor Leste, sendo dende o 20 de maio de 2017 ata 2022 o presidente do país.
Traxectoria Foi tamén o presidente da Fronte Revolucionaria de Timor Leste Independente (FRETILIN). Foi presidente do Parlamento Nacional de Timor Leste de 2002 a 2007. Concorreu ás eleccións presidenciais como candidato do FRETILIN nas eleccións presidenciais de 2007 e as de 2012 pero foi derrotado na segunda volta por candidatos independentes en ambas as ocasións. Nas eleccións presidenciais de 2017 recibiu o apoio do anterior primeiro ministro, Xanana Gusmão, e do Congreso Nacional de Reconstrución de Timor Leste e logrou o 57 % dos votos en primeira volta.
Vida persoal Guterres estivo casado con Cedália Lopes e tiveron catro fillos: Francisco, Eldino, Felezito e Dália.
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Presidentes de Timor Leste