Francisco Pascual Obama Asue, nado o 21 de abril de 1949, é un político ecuatoguineano. É membro do Partido Democrático de Guinea Ecuatorial (PDGE). Durante anos, ocupou as carteiras de Ministro de Deporte e Mocidade, de Ministro de Economía, de Ministro para o Progreso Social e de Ministro de Saúde.
Dende o 22 de xuño de 2016, en sucesión de Vicente Ehate Tomi, exerce como 9.º primeiro ministro de Guinea Ecuatorial, logo de ser nomeado polo presidente Teodoro Obiang.
Notas
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Primeiros ministros de Guinea Ecuatorial Categoría:Políticos de Guinea Ecuatorial