As explicacións sobre a orixe intrapsíquica da homosexualidade varían segundo as correntes dentro da psicoloxía, a psiquiatría e a psicanálise e o seu estudo levou á psicoloxía da homosexualidade.

Condutismo Dende unha perspectiva cognitivo-condutal, propúxose un modelo de como xorde a homosexualidade a partir dos primeiros anos da adolescencia. Primeiro sensibilización, despois confusión identitaria e logo a asunción da identidade.Purcell, D., Campos, P. y Perilla, J. (1996). Therapy With Lesbians and Gay Men: A Cognitive Behavioral Perspective. Cognitive and Behavioral Practice, 3, 391-

O condutismo partiu da hipótese de que a través da aprendizaxe por condutas imitativas e o reforzo directo destas dáse o proceso de moldeamento nas condutas homosexuais.Watson R, (1997). Psicología infantil. España. Editorial Aguliar, pág 604.

É por iso que na década dos '70 o condutismo propuña unha terapia de reconversión para volver heterosexuais ós individuos con inclinacións homosexuais. Pero a terapia de conversión non foi cientificamente validada.El abordaje teórico y clínico de la orientación sexual en Psicologíal, Armel, Brenes, Villegas y Zuñiga, Wímb lu, Revista de la Escuela de Psicología de la Universidad de Costa Rica. 5(1): 9-35, 2010 /

Psicanálise

Bisexualidade psíquica Non debe confundirse orientación sexual de obxecto, é dicir, namorarse dun obxecto home ou muller, con identidade sexual ou identidade de xénero, é dicir, sentirse home ou muller.

A psicanálise non ten unha teoría específica sobre a homosexualidade e Freud non pensaba que os homosexuais formaban un grupo separado con características similares que os diferenciase dos demais individuos.

Freud non consideraba o desexo homosexual como patolóxico senón como unha disposición na constitución sexual de todos os individuos. Freud consideraba na orixe da homosexualidade á bisexualidade psíquica propia de todo ser humano.Tres ensayos de teoría sexual, Sigmund Freud, Obras completas, ordenamiento de James Strachey, volumen 7, Buenos Aires, Amorrortu, ISBN 950-518-583-9 Freud derivaba a homosexualidade da bisexualidade psíquica, común a todos os seres humanos e dicía que tentar transformar un homosexual en heterosexual era tan imposible como tentar transformar un heterosexual en homosexual.

Elección de obxecto de amor Para a psicanálise, a homosexualidade non vén dada pola xenética senón que é unha elección. Non unha elección voluntaria ou consciente nin algo que o suxeito poida modificar por gusto, senón unha elección inconsciente. Non habería nada na natureza humana que ditaminase que ós homes deben atraerlles as mulleres e ás mulleres os homes.

Non existe unha relación innata entre instinto sexual e obxecto sexual, ou sexa que a elección de obxecto amoroso non vén dada pola natureza ou polo instinto senón que hai un camiño que a libido ten que percorrer até chegar ó achado do obxecto de amor definitivo durante a adolescencia.

Para Freud non existe un ideal de harmonía que sería o encontro da sexualidade parcial coa reprodutiva bioloxicamente determinada no cal ós homes correspóndenlle as mulleres e viceversa.

Para Joyce McDougall non existe unha «sexualidade normal» porque a sexualidade é considerada normal ou patolóxica «en función da súa coincidencia ou do seu afastamento das normas da sociedade á que pertence» xa que a norma social ten unha dimensión socio-cultural e as normas sexuais cambian continuamente.

A elección de obxecto homosexual ou heterosexual, ou sexa, namorarse dun home ou dunha muller, é algo que se define a partir da resolución da conflitiva edípica en todos os seres humanos.

O complexo de Edipo, positivo (amor ó proxenitor do sexo oposto) ou negativo (amor ó proxenitor do mesmo sexo), marca o momento no cal a sexualidade parcial e as pulsións parciais se reunifican no amor ó outro como obxecto total.

Homosexualidade como trastorno A partir do século XIX o dominio da sexualidade deixou de pertencer ó rexistro da falta e o pecado para entrar no rexistro da morbilidade sexual, é dicir, do normal e do patolóxico. Nese momento a homosexualidade comezou a ser definida como unha enfermidade ou unha perversión e polo tanto comezou ser estudada pola medicina, a psicoloxía e a psicanálise.

A homosexualidade, como categoría psicolóxica, constituíuse a partir dun artigo de Carl Westphal en 1870 sobre «as sensacións sexuais contrarias».

Durante o século XX, a psiquiatría incluía a homosexualidade entre os trastornos que podían ser tratados pero, en 1974, a Asociación Estadounidense de Psiquiatría (American Psychiatric Association) retirou a homosexualidade da lista das enfermidades mentais do Manual diagnóstico e estatístico dos trastornos mentais.

Durante o século XX, houbo psicanalistas que consideraban á homosexualidade dentro da estrutura perversa, pero este concepto de perversión non posúe unha connotación vulgar pexorativa ou de orde moral, senón que simplemente engloba todas as prácticas sexuais que non levan á reprodución, incluíndo as caricias e os bicos.

No século XXI xa non se fala de «homosexualidade» senón de «homosexualidades» e considérase que a homosexualidade, ou mellor dito, homosexualidades, poden darse en calquera estrutura psíquica, tanto neurótica como perversa como psicótica. Cando un homosexual consulta a un psicanalista non adoita facelo debido á súa homosexualidade senón a outros temas, polo que non existe unha categoría clínica específica da homosexualidade.

A psicanálise e a psicoloxía dedicáronse a investigar a xénese das homosexualidades, considerando grandes diferenzas entre a homosexualidade masculina e a homosexualidade feminina.

Ó contrario do que se cre vulgarmente, a sexualidade nos homosexuais homes conta coas características da sexualidade masculina e a sexualidade das mulleres homosexuais conta coas características da sexualidade feminina. É dicir, os homes homosexuais non terían unha conduta sexual «feminina» nin as lesbianas unha conduta sexual «masculina». A máis plena virilidade é compatible coa elección dun compañeiro do mesmo sexo no home e a máis plena feminidade nunha muller que elixe unha compañeira feminina.

As explicacións sobre a orixe intrapsíquico das homosexualidades varían segundo as correntes dentro da psicanálise e das distintas ramas da psicoloxía.

Homoparentalidade A psicanálise non ten unha posición unificada con respecto á homoparentalidade e a adopción homoparental,xa que coexisten distintos enfoques teóricos, algúns a favor e outros en contra.

Para moitos psicanalistas a diferenza sexual anatómica entre os proxenitores non dá garantías de saúde, e non existirían razóns teóricas nin prácticas para supor que a homoparentalidade poida xerar patoloxías mentais.Configuraciones edípicas contemporáneas: reflexiones sobre las nuevas formas de paternidad, Pablo Roberto Ceccarelli, Revista de la Asociación Peruana de Psicoterapia Psicoanalítica de Niños y Adolescentes, Urna, Perú, N°7, 2004, pp. 91-105

Notas

Véxase tamén Outros artigos Complexo de Edipo Desenvolvemento psicosexual Orientación sexual

Categoría:Psicanálise Categoría:Orientación sexual Categoría:Artigos sen imaxes