O pasty (en córnico pasti) é un pastel enfornado de orixe británica, variedade tradicional dos condados de Cornualla e Devon. Está considerado o alimento máis representativo de Cornualla, e dende 2012 ten o recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida da Unión Europea.

Características Prepárase coma unha empanadilla, colocando un recheo cru, xeralmente de carne e verduras, sobre a metade dun círculo de masa lisa, pregándose á metade para envolver o recheo nun semicírculo e ondulando o bordo curvado para formar un selo antes de metelo no forno.

Notas

Categoría:Cornualla Categoría:Gastronomía de Inglaterra Categoría:Empanadas