Gratio, Grattius, Gratius ou Gracio Falisco (Gratius Faliscus en latín orixinal), nado no século -I e finado no ano 14, foi un poeta latino da época de Augusto mencionado por Ovidio. Traxectoria Del só se sabe que naceu en Falisco e foi amigo de Ovidio. Pode ser que fose liberto do primeiro marido da emperatriz Livia, un tal Tiberio Claudio Gracio. Polo demais, foi un poeta de escaso relevo, aínda que deixou un poema didáctico sobre a caza con cans, de título Cinexética ou Cynegeticon liber, que foi, a xuízo de Nemesiano, poeta do século III, o primeiro en tratar esta materia en verso latino; del soamente conserváronse os primeiros cincocentos corenta e sete hexámetros que descubriu o coñecido Jacopo Sannazaro en 1504 nunha biblioteca de Francia. A súa métrica lembra máis a Virxilio que a Ovidio, de forma que hai motivos para pensar que foi composto non antes do ano -19. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados no Lacio Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados en 14