dereita|miniatura|Pía bautismal. A igrexa de Santa Materiana de Tintagel é un templo relixioso, igrexa parroquial de Tintagel, na diocese de Truro, en Cornualla. Sitúase nos cantís entre Tintagel e o castelo de Tintagel, e está listado como edificio de excepcional interese (Grade I).
Historia O templo orixinal foi construído posiblemente no século VI, fundado como igrexa dependente da de Minster. Estas dúas son as únicas consagradas a Materiana.Canner, A. C. (1982): The Parish of Tintagel. Camelford: A. C. Canner, pp. 5-6
O templo actual foi construído a finais do século XI ou comezos do XII. O historiador da arte Nikolaus Pevsner suxeriu en 1950 que a arquitectura da era normanda inclúe algúns elementos saxóns, mentres que a torre podería ser do século XIII ou XV.Pevsner, N. (1970) Cornwall, 2nd ed. Penguin Books; p. 219.Sedding, Edmund H. (1909): Norman Architecture in Cornwall: a handbook to old ecclesiastical architecture. London: Ward & Co.; pp. 382-388Cornish Church Guide (1925) Truro: Blackford; pp. 203-206 En 1870 levouse a cabo unha restauración vitoriana da man de James Piers St Aubyn, na que se construíu un novo tellado. Posteriormente mudouse o órgano en dúas ocasións (orixinalmente situado nun oco no norte do presbiterio; levouse primeiro ao centro da área occidental, e despois á esquina noroeste da nave; desde 2016, non obstante, úsase un órgano electrónico) e instaláronse novas videiras con imaxes de santos, como Materiana, San Xurxo e San Piran. Na igrexa hai un miliario romano datado no ano 324 co nome do emperador Licinio (d. 324). A torre ten seis campás, de entre 1735 e 1945.Canner (1953); p. 9
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Canner, A. C. (1953): The Ancient Parish Church of Tintagel: a new guide. Tintagel: [P. C. C.] (There are many later editions.)
Tintagel Categoría:Igrexas de Inglaterra Categoría:Cornualla