Hédile ( , ‘suaviña’), século -IV, foi unha poetisa grega.
Traxectoria Coñecémola só por unha cita na obra de Ateneo Banquete dos eruditosAteneo de Naucratis, Banquete dos eruditos VII 297B.. Segundo Ateneo, Hédile era filla dunha poetisa ática chamada Mosquine, que polo demais é descoñecida, e nai de Hédilo, outro poeta. Hédile probabelmente era ateniense como a súa nai.
O único fragmento conservado da poesía de Hédile consiste en dous dísticos e medio do seu poema elexíaco Escila, citado por Ateneo. Duncan Lowe sostén que a versión do mito de Escila de Hédile foi a inspiración para a versión narrada nas metamorfoses do poeta latino Ovidio.
Notas
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III