Lucía Puenzo, nada en Buenos Aires o 28 de novembro de 1976, é unha escritora, directora e guionista de cine arxentina, que ademais traballa con produción executiva e investigación.

Traxectoria Puenzo formouse en Guión Cinematográfico na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Buenos Aires, graduándose en 2000.

Debutou como novelista en 2004 coa novela El niño pez e desde estón escribiu: Nueve minutos (2005), La maldición de Jacinta Pichimahuida (2007), La furia de la langosta (2009), Wakolda (2010), que foron traducidas a outros idiomas.

Antes da publicación destes libros, Lucía Puenzo traballara no cine como guionista e en 2007 dirixiu a súa primeira película, XXY, coa que obtivo máis de 20 premios internacionais, entre eles o Grand Prix da Semana da Crítica no Festival de Cannes dese ano. O filme foi candidato aos Premios Goya e gañou o Ariel á mellor cinta estranxeira; recibiu tamén galardóns á mellor película e á mellor dirección nos festivais de Edimburgo, Bangkok, de Atenas e de Montreal, entre outros. A este filme seguiulle ao ano seguinte Los invisibles e en 2009 estreou a primeira adaptación dunha novela: El niño pez.

En 2013 levou ao cine, co mesmo título, o seu libro Wakolda, que se desenvolve en Bariloche e trata sobre a estancia na Arxentina do criminal nazi Josef Mengele. Coprodución de varios países, en España estreouse baixo o nome de El médico alemán. No segundo Festival Internacional Unasur Cine, celebrado en San Juan, obtivo catro premios: mellor película, mellor dirección (Lucía Puenzo), mellor actriz (Natalia Oreiro) e revelación (Florencia Bado).

En 2010 a revista británica Granta e Granta en español seleccionárona como unha das 22 mellores escritoras en castelán menores de 35 anos.

É filla do tamén director de cine Luís Puenzo.

Filmografía AnoPelículaPapel2000(H) Historias cotidianasGuionista2003La puta y la ballena2006A través de tus ojos2007XXYDirectora e guionista2008Los invisiblesDirectora2009El niño pezDirectora e guionista2010Más adelante (curta)Directora2013WakoldaDirectora e guionista AnoFicciónPapel2015Cromo (serie de TV)Directora

Novelas

El niño pez, Beatriz Viterbo, Buenos Aires, 2004 (Emecé/Planeta 2013) Nueve minutos, Beatriz Viterbo, Buenos Aires, 2005 (Emecé/Planeta 2013) La maldición de Jacinta Pichimahuida, Interzona, Buenos Aires, 2007 (Emecé/Planeta 2013) La furia de la langosta, Mondadori, Buenos Aires, 2009 (España: Duomo Ediciones, 2013) Wakolda, Emecé/Planeta, 2011 (España: 2013) Los invisibles, TusQuets, 2018

Premios e nomeamentos

Premios Goya AnoCategoríaPelículaResultado2007Mellor película estranxeiraXXY Gañadora2014Mellor película estranxeiraWakolda Nomeada

Premio Ariel AnoCategoríaPelículaResultado2008Mellor película iberoamericanaXXY Gañadora

Premio Cóndor de Prata AnoCategoríaPelículaResultado2008Mellor películaXXY GañadoraMellor director NomeadaMellor guión adaptado Gañadora2014Mellor películaWakolda GañadoraMellor director GañadoraMellor guión adaptado Gañadora

Outros premios

Atenas de Ouro 2008 por XXY (Festival Internacional de Cine de Atenas) Premio Kinnaree de Ouro 2007 por XXY (Festival Internacional de Cine de Bangkok) India Catalina de Ouro 2008 por XXY (Festival de Cine de Cartagena) Premio a Novo Director 2008 por XXY (Festival Internacional de Cine de Edimburgo) Premio dos Críticos de Cine do Quebec 2007 por XXY (Festival de Cine Novo de Montreal) Premios á mellor película e mellor dirección do segundo Festival Internacional Unasur Cine, celebrado en San Juan, por Wakolda (o filme obtivo ademais o premio á mellor protagónista —Natalia Oreiro— e actriz revelación, Florencia Bado) Mellor guión por Wakolda no Latin Beat Film Festival de Tokio (Xapón, 2013) Nomeada aos Premios Platino 2014 á Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Guión por Wakolda.

Notas

Ligazóns externas

ligazón=|alt=|20x20px Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Lucía Puenzo. "Lucía Puenzo" , Cine Nacional. "Lucía Puenzo", en Biografías.es

Categoría:Guionistas da Arxentina Categoría:Directores de cinema da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1976