Maitena Inés Burundarena Streb, nada en Buenos Aires o 19 de maio de 1962, é unha historietista arxentina. A súa obra céntrase nos sentimentos interiores do mundo feminino.Comiqueando, #47, September 2001
Traxectoria Primeiros anos Maitena Burundarena naceu en Buenos Aires e criouse no conurbano bonaerense, na localidade de Bella Vista, xunto aos seus seis irmáns. O seu pai, Carlos Burundarena, foi ministro de educación durante a ditadura arxentina na década de 1980 e a súa nai, Janina Streb, era arquitecta.Más allá del género: Acerca del mundo de Maitena Burundarena por Héctor D. Fernández L’Hoeste
Maitena debuxou tiras eróticas para varias publicacións europeas, como Makoki, en Barcelona.Maitena, libros y obras Lecturalia Na Arxentina, traballou en Sex Humor, Fierro, Hum® e Cerdos y Peces.
Traballou tamén como ilustradora gráfica en revistas e xornais arxentinos, ademais de editoriais especializadas en libros de texto. Foi tamén guionista televisiva e propietaria de bar e de restaurante.
A súa primeira tira, Flo, foi publicada en Tiempo Argentino, xornal de Buenos Aires. A súa obra foi recompilada nun libro titulado Y en este rincón, las mujeres.
Mujeres Alteradas En 1993, a revista feminina arxentina Para Ti propúxolle que fixese unha páxina de humor semanal. Esta foi a orixe de Mujeres Alteradas, que foi traducida a diversas linguas.Mujeres alteradas, de Maitena (2002) Foi posteriormente recompilada en cinco libros, que venderon 150 000 exemplares só na Arxentina.
Superadas Entre 1998 e 2003, Maitena tamén publicou unha serie diaria na sección de humor de La Nación baixo o nome de Superadas. A banda foi publicada en varios xornais internacionais. Contra finais de 2002 recompiláronse nun libro titulado Superadas 1.
En xuño de 2003, Maitena comezou a publicar a banda dominical Curvas peligrosas en La Nación.
Vida privada Maitena é de orixe vasca (maitena significa "a máis querida" en éuscaro) por parte de pai e polaca por parte de nai.
Maitena casou en dúas ocasións e ten tres fillos, dous co seu primeiro marido e un co segundo, Daniel Kon: Amaya Bouquet (1979), Juan Pablo Bouquet (1982) e Antonia Kon (2000).Maitena Burundarena Streb My Ancestors and Relatives. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. Entre os anos 2000 e 2012 residiu en La Pedrera (Uruguai), mais posteriormente regresou á Arxentina.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial "Lo peor de Maitena": los dibujos más calientes, por Daniel Santos en Ciudad Equis, La Voz del Interior (abril de 2015). Burundarena, Maitena, en Auñamendi Encyclopedia Entrevistas para EuskoNews & Media (Nº 309 - 2005/07/15-22) por Julia López. RealMedia Son Entrevista en The New York Times Maitena entrevistada por Raquel Garzón en 2011 Crítica de Rumble en Babelia, de El País
Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Arxentinos de ascendencia vasca