Maria Odete da Costa Soares Semedo, nada en Bissau o 7 de novembro de 1959, é unha escritora, política e profesora universitaria de Guinea-Bissau. Traballa como investigadora na capital guineana no Instituto Nacional de Estudos e Pescuda, nas áreas de Educación e Formación.Carta Maior - Maria Odete da Costa Semedo, uma alma inquieta da Guiné-Bissau
En 2022 foi Premio Rosalía de Castro do PEN Club.
Traxectoria Naceu na por entón Guinea Portuguesa. Logo de facer os estudos secundarios no Liceu Nacional Kwame N'Krumah, licenciouse en Linguas e Literaturas Modernas pola Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa no curso 1989/90.
En 1990 regresou ao seu país, e asumiu a coordenación nacional do proxecto de Lingua Portuguesa no Ensino Secundario, financiada pola Fundación Calouste Gulbenkian. Neste mesmo período foi nomeada directora da Escola Normal Superior Tchico-Té, onde tamén foi docente.
En 1995 foi nomeada directora xeral do Ensino da Guinéa-Bissau. Logo de ser presidente da comisión nacional para a UNESCO-Bissau, foi Ministra de Educación Nacional entre xuño de 1997 e febreiro de 1999, e Ministra de Saúde de marzo de 2004 a novembro de 2005Magali Moser. «Maria Odete Semedo: “Medo da cota é o medo das potencialidades das mulheres”». Catarinas. 1 de agosto de 2017..
Participou na edición da obra Anthologie de Literatures Francophones de l'Afrique de l'Ouest (1994) e, en 1996 fundou a Revista de Letras, Artes e Cultura Tcholona. Traduciu ao crioulo o guión do filme Olhos Azuis de Yonta da cineasta Flora Gomes e participou na rodaxe do filme como asistente de realización.
En 2006 mudouse ao Brasil para realizar o seu doutoramento en Letras. Na Pontificia Universidade Católica de Minas Xerais, en 2010, defendeu a tese de doutoramento As mandjuandadi – cantigas de mulher na Guiné-Bissau: da tradição oral à literatura.
O 8 de xaneiro de 2013 asumiu o cargo de reitora da Universidade Amílcar Cabral, a convite de Rui Duarte de Barros e Manuel Serifo Nhamadjo, logo da reestruturación da institución. Ocupou o cargo até que foi substituída por Zaida Correia o 20 de setembro de 2014.
Obra Entre o Ser e o Amar (1996); Histórias e passadas que ouvi contar (2003); No Fundo Do Canto (2007); Guiné-Bissau - História, Culturas, Sociedade e Literatura (2010) Literaturas da Guiné-Bissau - Cantando os escritos da história (2011) En 2013 foi unha das fundadoras da Associação de Escritores da Guiné-Bissau, amais de primeira secretaria xeral. Recoñecementos
En 2003 recibiu o premio, na categoría de escritora, de personalidade que contribuíu ao desenvolvemento global de Guinea-Bissau.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Campato Jr, João Adalberto (2012): A Poesia da Guiné-Bissau: História e Crítica. São Paulo: Editora Arte & Ciência.
Categoría:Escritores de Guinea-Bissau Categoría:Nados en Bissau Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Políticos de Guinea-Bissau Categoría:Alumnos da Universidade Nova de Lisboa