A gaivina negraGaivina negra (Chlidonias niger). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. ou carrán mouroPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Chlidonias niger) é unha pequena ave que se encontra xeralmente preto de zonas de augas interiores de Europa e Norteamérica, que foi clasificada na familia dos láridos (ou antes na dos estérnidos). Como o seu nome indica ten unha plumaxe predominantemente negra. Segundo como lle dea a luz pode parecer azul na estación reprodutora.Cocker, Mark and Mabey, Richard Birds Britannica Chatto and Windus London 2005 p.250 O nome do xénero procede do antigo grego khelidonios, 'similar á andoriña'.Cocker and Mabey Birds Britannica p.250 O nome da especie procede do latín niger 'negro brillante'.
Descrición
miniatura|Imaxe composta sobre esta ave Os adultos miden uns 25 cm de longo, cunha envergadura de 61 cm e un peso de 62 g. Teñen patas escuras curtas e un bico curto, negro e de aparencia débil, que mide 27 mm, case tan longo coma a cabeza. O bico é longo, delgado, e lixeiramente curvado. Teñen un dorso gris escuro, coa parte anterior das ás branco, cabeza negra, barriga e pescozo negros (ocasionalmente o pescozo cuberto de gris no adulto), pileo tamén negro ou marrón anegrado (coa mesma cor que as cobertoiras dos oídos, formando unha caparuza case completa), e unha cola 'cadrada' gris amarronada clara. A face é branca. Ten unha gran mancha triangular escura diante dos ollos, e un colar branco ancho nos xuvenís. Presenta manchas marróns agrisadas nos laterais do seu peito branco, unha prolongación cara a atrás da plumaxe das partes inferiores. Estas marcas varían en tamaño e non son moi destacadas. Na plumaxe non reprodutora a maioría da cor negra, quitando o píleo, é substituída por gris. A plumaxe da parte inferior é algo máis escura, con beiras das plumas claras. A mitra é gris amarronada.
A raza ou subespecie de Norteamérica, C. n. surinamensis, pode distinguirse da forma europea en todas as plumaxes e algúns considérana unha especie diferente.
Os batidos das ás son completos e dinámicos e o voo adoita ser errático.
A súa chamada foi descrita como un "kik" agudo; o son dunha bandada grande pode ser "enxordecedor".
Hibridación coa gaivina de á branca A hibridación entre esta especie e a gaivina de á branca foi observada en Suecia Alexandersson, H. (1979) En hybridisering mellan vitvingad tärna Chlidonias leucopterus och svarttärna Chlidonias niger på Öland 1978 Calidris 8: 151-53 e os Países Baixos. Van IJzendoorn, E. J. (1980) Broedgeval van Zwarte Chlidonias niger × Witvleugelstern C. leucopterus Dutch Birding 2: 62-65 Crese que dous exemplares novos atopados en Chew Valley Lake, Inglaterra en setembro de 1978 e setembro de 1981, eran tamén híbridos, xa que presentaban unha mestura de caracteres das dúas especies, concretamente unha combinación de manto escuro (característico da gaivina de á branca) e de manchas escuras no lateral do peito (característica da gaivina negra).Vinicombe, Keith (1980) Tern showing mixed characters of Black Tern and White-winged Black Tern British Birds 73(5): 223-25Davis, A. H. (1980) Tern showing mixed characters of Black and White-winged Black Tern British Birds 75(12): 579-80
Distribución e hábitat
O seu hábitat reprodutor son as marismas de auga doce que se encontran na maior parte do Canadá, norte dos Estados Unidos e boa parte de Europa e oeste de Asia. Xeralmente nidifican en vexetación flotante das marismas ou no chan preto da auga. Poñen de 2 a 4 ovos.
As gaivinas negras norteamericanas migran ás costas do norte de Suramérica, algunhas polo mar aberto. Os exemplares do Vello Mundo invernan en África.
A diferenza dos carráns "brancos" do xénero Sterna, estas aves non se mergullan para capturar o peixe, senón que recollen alimento da superficie da auga ou preto da superficie e raramente se mergulla, ou capturan insectos en voo. Comen principalmente insectos, peixes e anfibios.
Aves errantes A raza ou subespecie americana pode chegar errante a Europa, e hai varios rexistros dela en Gran BretañaAndrews, Richard, Rupert Higgins and John Martin (1999) The American Black Tern in Avon Birding World 12(10): 416-18 (an account of the first British record)Andrews, R. M., R. J. Higgins and J. P. Martin (2006) American Black Tern at Weston-super-Mare: new to Britain British Birds 99(9): 450-59 e Irlanda.Adriaens, Peter (1999) The American Black Tern in County Dublin Birding World 12(9): 378-79Bradshaw, Colin (2003) The American Black Tern in County Kerry Birding World 16(10): 434Mullarney, Killian (2003) The American Black Tern in Co. Wexford Birding World 19(7): 279-82 A Galicia tamén chega, onde se considera unha ave escasa e de paso.
Conservación A poboación norteamericana diminuíu nos últimos anos debido á perda de hábitat.
É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiático (AEWA).
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Gaivina negra - Chlidonias niger - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter Informe sobre Ch. niger - Cornell Lab of Ornithology Texto sobre esta especie en The Atlas of Southern African Birds
Categoría:Láridos Categoría:Estérnidos Categoría:Animais descritos en 1758