miniatura|Satrapía de Capadocia no imperio aqueménida Capadocia (do antigo persa Katpatuka) foi unha satrapía (provincia) do Imperio Aqueménida para administra-las rexións máis aló das montañas Tauro e o río Éufrates.

A satrapía A satrapía pertenceu ao terceiro distrito de imposto e pagaba un estimado 360 talentos cada ano de tributo. O primeiro sátrapa (gobernador) de nome coñecido foi Ariaramnes, quen gobernou ao principio do reinado de Darío o Grande. Os seus sucesores son descoñecidos, a pesar de que Gobryas, un irmán de Xerxes I, gobernou o territorio polo 480 a.C.

Durante o reinado de Artaxerxes II, Capadocia foi dividida: entre Paflagonia e a Capadocia propiamente. Nesta última, Datames (denominación abreviada de Datamitra) converteuse no seu sátrapa; participou con outros sátrapas nunha revolta contra Artaxerxes II, mais foi asasinado no 362 a.C. Tralo asasinato de Datames (no 362 a.C.), posiblemente durante o ascenso de Artaxerxes III (358-338 a.C.), e como resposta ao poder que Datames acumulara durante o seu goberno e para mellorar a eficacia da administración,Weiskopf (1990), pp. 780–786 Capadocia foi dividida en dúas satrapías, unha a parte costeira do norte, que chegará a ser incorporada ao reino do Ponto, e a Capadocia do sur.Schmitt (1994), pp. 115–117Estas partes do norte e do sur foron tamén respectivamente coñecidas como Capadocia Póntica ou Capadocia Maior,e Capadocia Táurica

O derradeiro sátrapa da Capadocia do sur no imperio aqueménida foi Mitrobuzanes que morreu no 334 a.C., loitando contra o invasor Alexandre o Grande, na batalla do río Gránico. Este, nomeou a Abistamenes (chamado Sabictas para os gregos)Bosworth (2005), p. 62 no seu sitio para substituíloFlavio Arriano, Anábase de Alexandre o Grande (2.4.2) pero non puido establecer a súa autoridade sobre este novo territorio conquistado e desapareceu, posteriormente, na escuridade.

A Capadocia do norte, seguiu a ser un punto importante da resistencia aqueménida e tamén foi usada como proba para unha campaña para conseguir conquistar Anatolia occidental e foi gobernada por Ariarates I do 340 a.C até o 331 a.C. Estivo á fronte da defensa do territorio contra a invasión macedonia de Alexandre o Grande, e loitou tamén na batalla de Gaugamela con Darío III, o derradeiro rei aqueménida. Coa desaparición do imperio aqueménida, Ariarates seguiu a loitar contra Alexandre e creou o Reino de Capadocia, establecendo a dinastía Ariátida. Finalmente foi capturado e, posteriormente, executado polo xeneral macedonio Pérdicas, que tivo que intervir, no 322 a.C., para que Eumenes de Cardia puidera anexionar o territorio.Bosworth (2005), p. 207

Sátrapas de Capadocia (c. 380–331 a.C.)

Ariaramnes, c.500 a.C. Datames, c. 380–362 a.C. Ariamnes I, 362–350 a.C. Mitrobuzanes (morto 334 a.C. ) Ariarates I, 350–331 a.C.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de gobernantes de Capadocia Reino de Capadocia Capadocia

Categoría:Persia Categoría:Capadocia