Nilo é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Alto Magndalena. Sitúase a 148 km ó suroeste de Bogotá.

Historia esquerda|miniatura|250x250px|Arte rupestre indíxena en Nilo. Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Nilo estivo habitado polo pobo indíxena panche. No ano 1627 o Oidor Lesmes de Espinosa fixo unha visita a Tocaima e ós pobos da súa xurisdición, e ordenou facer unha igrexa no hato de Francisco de Esquivel ás beiras do Sumapaz, onde debían ir a misa os veciños do Valle de Picalá e Fusagasugá.

Existían dous sitios poboados de veciños, eran Nilo cara ó lado de Tocaima e Limones contra o río Pagüey. Como a finais do século XVIII se quería aumentar a creación de parroquias de brancos na rexión, en 1783 o cura Francisco Antonio Ruíz fundou a primeira igrexa de Nilo.

O nome de Nilo deuse polas inundacións do río Pagüey que se asemellaban ás do río Nilo en Exipto.

Véxase tamén

Outros artigos Base Aérea de Tolemaida Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca