Fernando Merino Villarino, nado en 1860 en León, e finado o 1 de xullo de 1929 na mesma cidade, foi un avogado e político español, ministro de Gobernación durante o reinado de Afonso XIII.
Ostentou o título nobiliario de I conde de Sagasta.
Traxectoria Farmacéutico de profesión, rexentou unha farmacia no centro de León; posteriormente deu o paso á industria como Presidente da Sociedade Leonesa de produtos químicos, e como vicepresidente da empresa Hullera de Riosa.
Vida política Recibiu de seu pai, Dámaso Merino, a xefatura dos liberais en León. Casou con Esperanza Mateo Sagasta Vidal, a filla máis vella de Sagasta, o líder do partido liberal. Ostentou o Título de I Conde de Sagasta, obtido pola súa esposa o 7 de xaneiro de 1904.
Co Partido Liberal concorreu ás sucesivas eleccións celebradas entre 1891 e 1923, obtendo acta de deputado no Congreso pola circunscrición de León, distrito de La Vecilla-Riaño, onde permaneceu como intocable tras conseguir vencer, de xeito sorpresivo, a un político conservador experimentado como Antonio Molleda. En 1895, o goberno desdobraría o distrito entre La Vecilla, que quedou adxudicado a Fernando Merino e o de Riaño que sería ocupado por Antonio Molleda.De Lucas (2000), p. 192
Mais, a partir das eleccións do 1 de xuño de 1919, até as de abril de 1923, presentouse no mesmo distrito e circunscrición polos demócratas.
Cargos Desempeñou o cargo de gobernador do Banco de España en dúas ocasións: de xuño de 1906 a xaneiro de 1907, e entre 1909 e 1910.España: España:
Exerceu de ministro de Gobernación entre o 9 de febreiro de 1910 e o 2 de xaneiro de 1911 nun gabinete que presidiu Canalejas.
Así mesmo, foi gobernador civil de Madrid entre decembro de 1915 e marzo de 1916.España: España: Tamén foi presidente do Consello de Estado no momento da Ditadura de Primo de Rivera.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista de gobernadores do Banco de España
Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Gobernadores civís de Madrid Categoría:Nados en León Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados