Cáqueza é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), capital da Provincia de Oriente, situado a 39 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altitude de 1746 m s. n. m., e ten unha temperatura media anual de 21 °C.
Toponimia O topónimo «Cáqueza», en lingua muisca, significa «cercado ou rexión sen bosque», segundo Acosta Ortegón.
Historia Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Cáqueza estivo habitado polos gúchipas, da confederación muisca, descendentes do cacique Ebaque (hoxe Ubaque).
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca