Guachetá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Ubaté, a 118 km de Bogotá. Coñecido pola súa produción de carbón mineral e o gando leiteiro, deuse a coñecer como a "Cidade Carbonífera e Leiteira de Colombia". É considerado un destino turístico polas súas rochas perfectas para a escalada.
Toponimia O topónimo Guachetá, en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «Labranza do noso cerro» ou «Labranza do Mancebo».
Historia Na época precolombiana, os muiscas tiñan en Guachetá un templo dedicado a Sué, deus do Sol. O poboado indíxena de Guachetá foi o primeiro casarío muisca de Cundinamarca co que se atoparon os españois ó mando de Gonzalo Jiménez de Quesada, o luns 12 de marzo de 1537, denominándoo San Gregorio por coincidir a festa deste santo co día da súa chegada. Os guachetunos entregáronlles ós españois, como signo de amizade, comida, agasallos, ouro e esmeraldas. Foi tan amable o recibimento, que dende entón os españois consideraron a Guachetá unha terra de paz e liberdade. Frei Domingo de las Casas, que viña en compañía de Jiménez de Quesada, bautizou a dous nenos muiscas de Guachetá. Como recompensa polos bos servizos prestados ós españois, o Rei premiou ós habitantes de Guachetá cunha Cédula Real que os facía exentos de ir á mita, como si o tiñan que facer as demais vilas conquistadas.Goot, José Manuel. Historia eclesiástica y civil de la Nueva Granada Tomo I (Bogotá, Casa Editorial de Medardo Rivas & Cía.; 1889), Cap. IV, p. 55
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca