Johannes (Janne) Robert Rydberg (|ˈryːdˌbærj|), nado en Halmstad o 8 de novembro de 1854 e finado en Lund o 28 de decembro de 1919 foi un físico sueco, coñecido principalmente por desenvolver a fórmula de Rydberg en 1888, que se emprega para describir as lonxitudes de onda dos fotóns emitidos por cambios no nivel de enerxía dun electrón nun átomo de hidróxeno.
Traxectoria Rydberg naceu no sur de Suecia, fillo único de Sven Rydberg e Maria Anderson Rydberg. Cando tiña catro anos faleceu o seu pai, e a familia viuse obrigada a vivir cun pequeno salario. En 1873 graduouse no Halmstads elementärläroverk, onde recibiu notas altas en matemáticas e física. Máis tarde entrou na universidade de Lund e dous anos máis tarde logrou o seu grao. En 1879 recibiu o seu doutoramento coa disertación "Konstruktioner af kägelsnitt i 3- och 4-punktskontakt".
Rydberg comezou a súa carreira como amanuensis na institución. Converteuse en profesor de matemáticas en 1880, e en 1882 converteuse en profesor de física. Nese tempo comezou a estudar a masa atómica estándar, porque se preguntaba cal era a razón do incremento aparentemente aleatorio na masa dos átomos na táboa periódica de Mendeleiev. Procurou unha fórmula durante varios anos sen conseguilo.
O seu seguinte traballo foi investigado o espectro atómico, explicando por que ocorrían. As investigacións de Rydberg foron precedidas polas de Johann Jakob Balmer, que presentou unha fórmula empírica para as liñas espectrais visibles do átomo de hidróxeno en 1885. p 360 Non obstante, a investigación de Rydberg levouno a publicar unha fórmula en 1888 que podía ser empregada para describir as liñas espectrais non só do hidróxeno, senón tamén doutros elementos. Trala súa publicación en 1890 sobre a materia, Rydberg volveu á súa investigación sen froito sobre a táboa periódica.
Rydberg presentouse para ser profesor en 1897, mais a pesar das recomendacións dos expertos na materia foi rexeitado. Porén, converteuse en profesor extraordinario. Non foi ata 1909 cando foi ascendido a profesor. Para gañar cartos extra traballou a tempo parcial como examinador numérico no Sparbanken de Lund dende 1891 e como actuario en Malmö dende 1905.
En 1913, Rydberg púxose enfermo e viuse obrigado a rebaixar o seu ritmo de investigación, e en 1915 tivo que abandonalas a causa da súa doenza. Morreu o 28 de decembro de 1919 no hospital de Lund e foi sucedido polo seu alumno Manne Siegbahn. Rydberg está enterrado no cemiterio do norte de Lund, e foi sobrevivido pola súa esposa Lydia Carlsson (1856-1925), o seu fillo Helge Rydberg (1887-1968) e a súa filla Gerda Rydberg (1891-1983).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mike Sutton, "Getting the numbers right the lonely struggle of Rydberg Chemistry World", Vol. 1, No. 7, xullo de 2004.
Ligazóns externas
Categoría:Nados no concello de Halmstad Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Físicos de Suecia Categoría:Óptica