Eugenio Urtaza Norat, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1947, foi un dos fundadores do Partido Comunista de España en Galicia.Entrada “Urtaza Norat, Eugenio” na GEG.
Traxectoria Fillo de Sabina Urtaza Norat, mestra de Portonovo. Comezou uníndose á Xuventudes Socialistas, e en 1921 apuntouse ó grupo dos terceiristas, formando parte, así, dos fundadores do primeiro grupo comunista galego que lideraba Manuel García Filgueira. Foi delegado no I Congreso do PCE. Despois disto pasou moito tempo en Vigo onde rexentou unha barbería e organizou o partido en Teis. En 1925 foi encarcerado no cárcere Modelo de Madrid.
En 1928 cando pasaba a procesión do Cristo da Vitoria, el ía no tranvía, que tivo que deterse, e mentres a procesión pasaba el púxose a ler o periódico mentres o resto de pasaxeiros poñíanse de xeonllos. Un sacerdote denunciouno por escándalo, e a Garda Civil prendeuno. Mandárono outra vez para o cárcere Modelo, e botou alí oito meses.
Volveu vivir a Pontevedra na Segunda República. Na cidade rexentou unha taberna na rúa Alhóndiga, detrás da casa consistorial. Secretario de correspondencia do Comité local do Socorro Vermello Internacional de Pontevedra en 1931,El Pueblo Gallego, 20-10-1931, p. 2. foi o encargado de organizar o Socorro Vermello co obxectivo de axudar os presos da cidade e os que estaban nos buques do polígono Janer na base naval de Marín en 1934. A causa destas accións o gobernador ordenou o peche da súa taberna. Foi secretario da sociedade La Viña, que agrupaba aos taberneiros de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 28-4-1936, p. 13.
Participou activamente na campaña a favor do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Tamén organizou a participación de Galicia na Olimpíada Popular de Barcelona que se ía celebrar en xullo de 1936, acudindo cunha expedición que saíu de Pontevedra o 16 de xullo. Cando chegaron a Barcelona atopáronse co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e marchou para Madrid coas súas fillas. Desde Madrid dirixíronse a Murcia, e alí residiron durante a guerra civil española ata a chegada do exército franquista o 1 de abril de 1939. Ante esta situación marchou de novo para Pontevedra con varios familiares e alí foi apresado ao baixar do tren en abril de 1939.El Pueblo Gallego, 19-4-1939, p. 5.
Grazas á declaración no xuízo da familia coa que estivera en Murcia conseguiu salvar a vida. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.BOE, 12-3-1940, p. 1325. Debido a que seguía coas súas actividades comunistas foi encarcerado varias veces máis. Finalmente foi condenado a seis anos de prisión en 1947, e morreu o 12 de decembro no cárcere a causa de brutais malleiras e de falta de atención médica.Ciudad,8-12-1947, p. 2.“Urtaza y Vilaboy, asesinados por Franco”, Mundo Obrero. Comité de Galicia del PCE, 10-1-1948.
Colaborou nos periódicos La Antorcha, Galicia, La Libertad, El País e El Campesino, publicación da que foi director. Vida persoal
Casou en Pontevedra con Carmen Lamas Fernández, filla de Víctor Lamas e irmá de Viriato Lamas Fernández, en xullo de 1917.El Progreso, 31-7-1917, p. 2. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1947
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Políticos de Galicia