A Vita Sancti Wilfrithi (vida de Saint Wilfrid) é un texto haxiográfico do século VIII no que se explica a vida do bispo de Northumbria Wilfrid de York. Aínda que se trata dunha haxiografía, afonda nos problemas políticos relacionados coa Igrexa de Northumbria e coa historia dos mosteiros de Ripon e Hexham.

A obra forma parte dunha colección de fontes históricas escritas entre finais do século VII e comezos do VIII, que inclúe o texto anónimo Vita Sancti Cuthberti, as obras de Beda o Venerbel e Vita Sancti Columbae de Adamnán. Tanto nesta obra como noutras, a cristianización de Gran Bretaña é tratada polo miúdo e serve para documentar o período histórico anterior ao reinado de Alfredo o Grande .

Datación e atribución No prefacio da Vita Sancti Wilfrithi, o autor revela que é un sacerdote e que se chama Estevo (Stephanus). Os escritores modernos chamáronlle "Eddius Stephanus", segundo unha cita do século XVII, aínda que hoxe moitos historiadores negan esta atribución, considerándoa incorrecta. Este erro débese a que a Vita Sancti Wilfrithi explica que entre 666 e 669, Wilfrid acompañou a dous profesores de canto desde Kent ata Ripon, Ædde e Æona. Beda tamén menciona a Ædde, cando escribe que "Ædde, tamén coñecido como Stephanus", fora dirixido a Northumbria por Wilfrid e fora o primeiro cantante entre os pobos dese país. Non obstante, moitos historiadores modernos consideran que esta historia non ten base.

A Vita Sancti Wilfrithi foi escrita aproximadamente entre 709, ano da morte de Wilfrid, e 720. Esta última data é unha aproximación á data de creación da Vita Sancti Cuthberti, un texto no que hai referencias a Vita Sancti Wilfrithi. Outras fontes indican o 716 como o ano da creación desta obra.

Trama A Vita Sancti Wilfrithi narra a vida e a carreira eclesiástica de Wilfrid, dende a súa mocidade ata a súa morte, con breves notas sobre os dous principais mosteiros do santo, Ripon e Hexham. O texto narra en detalle a elección de adolescente de ser home de igrexa, as súas pelexas con Teodoro, arcebispo de Canterbury, as súas viaxes entre Inglaterra e Roma, a súa participación nos sínodos e a súa morte. O texto dedica máis dun terzo do seu contido aos "éxitos de Northumbria" mentres que dedica moito menos espazo ao período en que o santo serviu como bispo de York (686 - 691) e as súas actividades en Mercia. Como en moitas outras haxiografías escritas mentres o protagonista estaba a piques de morrer, nesta obra hai poucos milagres mencionados.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Haxiografía Categoría:Historiografía