Roman Ivanovich Avdeev, (en ruso: Рома́н Ива́нович Авде́ев), nado en Odintsovo o 17 de xuño de 1962, é un empresario e banqueiro ruso.
Traxectoria Estudou ata rematar secundaria na súa localidade natal e en 1984 principiou estudos no Instituto de Enxeñería Electrotécnica de Moscova e ao final do segundo ano tivo que realizar durante dous anos o servizo militar obrigatorio. Coa perestroika en 1989"Российский миллиардер-меценат помогает сиротам найти семью". newsomsk.ru, 18 de xullo de 2019 estableceu unha cooperativa dedicada á venda de descodificadores PAL-SECAM e colaborou coa compañía ucraína Elektronmash"Roman Avdeev Biography" thefamouspeople.com para importar ordenadores. En 1994 mercou o Moskovskii Kreditnii Bank, creado dous anos antes, gañando ao longo do resto da década de 1990 boa parte da súa fortuna pola xestión de efectivo do pequeno comercio. En 1996 graduouse en enxeñería civil na Universidade Técnica Estatal de Lipetsk e nese ano fíxose co control dunha fábrica de azucre no óblast de Lipetsk e mercou terreos agrícolas na súa contorna que formou a base para un conglomerado agrícola, que chegou a producir o 3% do azucre ruso e que vendeu entre 2005 e 2008. En 2006 estableceu Rossium Concern como compañía de investimentos e por medio da que controla o Moskovskii Dreditnii Bank"about" . Rossium Concern, non obstante, en 2008 Avdeev deixou de ter unha posición exectuviva no banco; por medio da súa compañía de investimentos tamén controla terreo urbanizable e agrícola, así como unha parte da rede de farmacias 36.6. En 2010 creou a súa propia inmobiliaria, Domus Finans que incluíu en 2012 no grupo Ingrad de desenvolvemento urbanístico que se fusionou en 2017 con OPIN para dar lugar a PAO Ingrad"«Россиум» объединил активы ОПИН и «Инград»" arendator.ru, 27 de decembro de 2017. En 2017 fíxose coa propiedade do FC Torpedo de Moscova "«Торпедо» меняет владельца и президента". Kommersant, 6 de outubro de 2017
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades da banca Categoría:Nados no óblast de Moscova