Rei Artur: A lenda de Excálibur (en ) é un filme de 2017 de aventuras e fantasía escrito e dirixido por Guy Ritchie. Foi coescrito por Ritchie, Joby Harold e Lionel Wigram, e está inspirado polas lendas artúricas. Está protagonizado por Charlie Hunnam no papel da personaxe principal e Jude Law como o tiránico rei Vortigern que tenta matalo, xunto con Àstrid Bergès-Frisbey, Djimon Hounsou, Aidan Gillen e Eric Bana nos papeis secundarios.

King Arthur estreouse no TCL Chinese Theater o 8 de maio de 2017 e nos cinemas dos Estados Unidos o 12 de maio de 2017, e nos do Reino Unido o 19 de maio de 2017. O filme recadou 148 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 175 millóns, coa crítica "avisando ás audiencias de manterse lonxe". Orixinalmente, o filme ía ser o primeiro dunha franquía de seis filmes, mais as secuelas foron canceladas despois da mala acollida na recadación e a perda de Warner Bros. e Village Roadshow Pictures de máis de 150 millóns de dólares.

Estreouse en galego o 15 de xuño de 2020 a través da TVG. Foi traducido por Manuel Arca Castro.

Personaxes Charlie Hunnam como Rei Artur Àstrid Bergès-Frisbey como a Maga Djimon Hounsou como Sir Bedivere Aidan Gillen como Goosefat Bill Wilson Mikael Persbrandt como Greybeard Jude Law como Vortigern Eric Bana como Uther Pendragon Annabelle Wallis como Maggie Kingsley Ben-Adir como Sir Tristan "Wet Stick" Neil Maskell como Back Lack Freddie Fox como Rubio Katie McGrath como Elsa Lorraine Bruce, Eline Powell e Hermione Corfield como as tres sereas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2017 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Guy Ritchie Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes sobre a realeza Categoría:Filmes baseados na lenda artúrica Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego