Puerto Salgar é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Bajo Magdalena, a 195 km de Bogotá e a 253 km de Medellín.

Neste concello atópase o Comando Aéreo de Combate Nº 1 (Base Aérea Germán Olano).

Historia Dende comezos do século XX formouse un casarío chamado Palanquero, por mor da construción do Ferrocarril de Cundinamarca. Posteriormente, o casarío foi chamado Puerto Liévano, ata que en 1935 se trasladou ó lugar que ocupa o concello no presente, co nome de Puerto Salgar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca