Cuanza Sul é unha das 18 provincias de Angola, localizada na rexión central do país, á beira do océano Atlántico.

A súa capital é a cidade de Sumbe que, no ano 2018, contaba cunha poboación de 313.894 habitantes.Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista, 3 de febreiro de 2018. Consultado e 14 de setembro de 2019.

Xeografía A provincia ten unha superficie de 55 660 km² (o 4,7 % da superficie total do país).António, João (2008): O micro-crédito como ferramenta para o relançamento da cultura do café na região agrícola do Libolo e Amboim. Universidade Técnica de Lisboa. Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística, conta cunha poboación de 2 109 999 habitantes, sendo a quinta provincia máis poboada de Angola.

División administrativa A provincia está dividida administrativamente en 12 municipios con 32 comunas.

Os municipios son:

Amboim Cassongue Cela Conda Ebo Libolo Mussende Porto Amboim Quilenda Quibala Seles Gabela Sumbe

Límites Cuanza Sur encóntrase na maxe equerda do río Cuanza que é o seu límite coas provincias de Cuanza Norte e de Malanje. Limita tamén ao norte coa provincia de Bengo; ao sur coas de Benguela e de Huambo; ao leste coa de Bié e ao oeste co océano Atlántico.

Etnografía Os grupos étnicos principais da provincia son os Kibalas, N'goias, Musseles, Mussumbas e Bailundos. O idioma máis falado, canda o portugués, é o kibundu, pero tamén se fala o umbundu.

Historia A colonizción portuguea desta provincia iniciouse na foz do río Cambongo-Negunza, en 1769, por decreto de Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho, que foi Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Angola entre 1764 e 1772,Rulers.org - Angolaworldstatesmen.org - Angola que ordenou a construción dun forte-presidio denominado Novo Redondo. O río Cambongo-Negunza recebiu o seu nome en homenaxe ao entó soba (autoridade) local Negunza Cabolo.

Agora baixo a influencia administrativa do reino de Benguela, entón baixo a responsabilidade administrativa dos distritos de Luanda e Cuanza, Cuanza Sul permaneceu á marxe do desenvolvemento da colonia até principios do século XX.

O 15 de setembro de 1917 o goberno colonial decidiu dividir o distrito de Cuanza nos distritos de Cuanza Norte (con sede en Golungo Alto) e de Cuanza Sul (con sede en Porto Amboim).Cuanza Sul - um nome derivado da divisão do distrito colonial do Cuanza . Consultado o 15 de setembro de 2019.

No ano de 1955 a sede do distro foi transferida de Porto Amboim á cidade de Sumbe.

A provincia resultou moi afectada durante a guerra civil angolana (1975-2002). Un gran número de civís morreron nos enfrontamentos entre a Unión Nacional para a Independencia Total de Angola (UNITA) e as Forzas Armadas angolanas (FAA). As plantacións café e outros cultivos foron destruídos. Os ataques frecuentes obrigaron á xente a abandonar os seus municipios. A UNITA estableceu a súa sede central na provincia.

Ao redor de 116 000 persoas foron desprazadas e vivían en campamentos. A maioría delas eran das zonas rurais e das rexións da meseta de Bié, densamente poboada. O 17 de decembro de 2000, os combatentes da UNITA mataron a 31 soldados das FAA e saquearon vehículos, armas e preto de 20 000 litros de gasóleo en Quibala. En abril de 2001 atacaron postos das FAA e capturaron numneosas armas de fogo.

Multitude de minas terrestres atipersoa que se puxeron durante a guerra civil aínda hoxe están presentes, e o goberno outorgu contratos para desenterralas a distintas organizacións. Aínda están presentes en varias áreas. A provincia ten aínda unha alta densidade de minas terrestres.

En 2008, Agusta Urica, de 31 anos, foi coroada como a primeira Miss Landmine (Miss Minas terrestres) en Luanda, vencendo a outras 17 mulleres que perderon extremidades polas minas terrestres que aínda perduran como vestixios da guerra civil. Augusta, unha sobrevivente dunha mina terrestre que lle seccionou parte dunha perna, recibiu o galardón ante varios dignatarios e a primeira dama da nación, Ana Paula dos Santos.

Os preparativos para o concurso dese ano comezaron en 2006, cando 10 das concursantes foron trasladadas á capital angolana para participaren nunha sesión de fotos. Polo seu traballo, ás mulleres se lles pagaron 200 $ por día e se lles regalou a roupa e as xoias que usaron para as fotos. As fotos colocaráronse en liña, onde os votantes de Internet podían elixir a súa propia Miss Landmine favorita. Case 10 000 persoas de 30 países votaron, e Maria Restino Manuel, de 26 anos, Miss Landmine de Cuanza Sul, foi a gañadora de Internet, co 29 % dos votos. Ao igual que a Augusta Urica, tamén recibiu un membro protésico feito a medida.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Angola

Categoría:Provincias de Angola