Antonio Picallo Buela, nado na Estrada cara a 1896 e finado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Recibiu unha bolsa da Fundación Figueroa en 1904.La Correspondencia Gallega, 8-8-1904, p. 2. Veciño de Pontevedra dende os anos vinte, traballou como obreiro. Foi vendedor de periódicos de propaganda comunista na República. Foi detido en xaneiro de 1935 por agredir a Manuel Argibay Solla.El Pueblo Gallego, 3-1-1935, p. 11. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por soldados de artillaría o 20 de xullo. Foi trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín,Aparece nunha nota reservada na que se dá conta dunha relación de presos que sacan da illa o 8 de novembro. para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade). Foi xulgado na causa 742/36 de Pontevedra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mortos Lugares para lembrar
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1896
Categoría:Finados en 1936
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos