Purple Haze é unha canción grabada en 1967 por The Jimi Hendrix Experience, lanzada como sinxelo nos Estados Unidos e o Reino Unido, e que forma parte do álbum Are You Experienced.
Segundo contou o propio artista, para compoñela inspirouse nun sono que tivo despois de ler o libro Night of Light: Day of Dreams, de Philip José Farmer. Neste sono, o propio Hendrix atopábase camiñando sobre o mar e unha néboa púrpura afundíao na escuridade do mar, entón, xusto antes de afogarse, Deus acudía a salvalo.
No ano 2004 a revista Rolling Stone colocouna no posto 17 da súa lista das 500 mellores cancións da historia.
Posición nas listas Nome da listaPaísPosición máis altaSemanas na listaAustrian Hitparade78Musicline179Dutch Charts115Norwegian Charts73Official Singles Chart314Billboard Hot 100658
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Historia e letra da canción
Categoría:Sinxelos de 1967 Categoría:Cancións en lingua inglesa