Costanza de Aragón, nada en Valencia o 4 de abril de 1300 e finada no Castelo de Garcimuñoz o 19 de outubro de 1327, foi unha infanta de Aragón.
Traxectoria Era a cuarta filla de Xaime o Xusto e Branca de Nápoles. Por liña paterna era neta do conde-rei Pedro o Grande e de Costanza de Sicilia, e por liña materna de Carlos II de Nápoles e María de Hungría. Era a irmá máis nova do conde-rei Afonso o Benigno, así como dos condes Pedro IV de Ribagorza e Ramón Berenguer I de Empuries. O 5 de abril de 1312 casou en Xàtiva con Xoán Manuel de Castela, fillo do infante Xoán Manuel de Borgoña e Suabia. Desta unión naceron catro fillos, a infante Costanza Manuel (~ 1320 - 1345) casada en 1325 co rei Afonso XI de Castela e en 1339 con Pedro I de Portugal; e a infanta Beatriz Manuel, morta moi nova.
Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1300 Categoría:Finados en 1327 Categoría:Infantes de Aragón