Pierre Joseph Tiolier, nado en Londres, Inglaterra, o 15 de marzo de 1763 e finado en Bourbonne-les-Bains, no departamento francés do Alto Marne, o 27 de xuño de 1819, foi un gravador, medallista e deseñador de moeda francés, o décimo quinto en ocupar o posto de Gravador Xeral de Moedas (Graveur Général des Monnaies).Forrer, L. (1916). "Tiolier, Pierre Joseph". Páxinas 102-106"Graveurs Généraux Français ". En La Numismatique de France, étrangère et antique.
Traxectoria
Vida familiar Proveniente dunha familia acomodada auvernesa, Pierre Joseph Tiolier foi o máis novo de, polo menos, catorce irmáns. Na súa familia había avogados, homes de negocios, médicos, cregos e funcionarios. O seu pai, Joseph Tiolier, era un mestre confeiteiro.Théret, P. (2014). "Tiolier Pierre-Joseph ". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org.
Formouse no gravado de cuños da man do seu irmán político, Benjamin Duvivier, o décimo terceiro Gravador Xeral de Moedas.Weber, F. P. (1907). Páxina 259.
Gravador de moedas Exerceu o cargo de "controlador de cuñaxe" na Casa de Moeda de París desde o 14 de decembro de 1795 ata o seu nomeamento como Gravador Xeral de Moedas, o 1 de abril de 1803, por parte do Primeiro Cónsul, en substitución de Augustin Dupré.Barre, A. (1867).Théret, P. (2014). "Contrôleur du monnayage ". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org.
Tiolier encargouse do deseño e da gravación dos cuños das moedas máis significativas de prata e de ouro do período de Bonaparte como Primeiro Cónsul e tamén, en grande medida como Emperador. Nas series de prata amósase, baixo o busto dos anversos, o apelido completo de Toilier rubricado, en tanto que nas de ouro o apelido aparece abreviado como TR. Tamén cómpre mencionar o seu deseño e a gravación dos cuños das moedas de 5 francos a nome de Lois XVIII (1814-1815).
Por outra banda, a el confiáronselle, así mesmo, as cuñaxes napoleónicas de Xénova, de Xenebra, o Reino de Westphalia, Roma, Turín e Utrecht.
En 1816 dimitiu en beneficio do seu fillo Nicolas Pierre Tiolier. Nese mesmo ano, concedéuselle a Cruz de San Miguel.
Gravador de medallas Pierre Joseph Tiolier adquiriu tamén repercusión como medallista, con creacións entre as que se poden salientar as seguintes:miniatura|160px|Medallón co busto de James Smithson (1817)
1798: Fundación da Loxa do Océano de Francia. 1815: Carlos Filipe Conde de Artois. Homenaxe da Garda Nacional. 1804: Coroación de Napoleón I. 1801: Visita do embaixador de Rusia á ceca de París. 1802: Sociedade para a Promoción da Industria. 1803: Cámara de Comercio de Bordeos. 1805: Tribunal de Primeira Instancia. 1806: Avogados do Tribunal de Apelación. 1807: Manufactura da Rúa Martel. 1810: Visita dos reis de Baviera á ceca de París. 1807: Medallón de James Smithson.Ewing, H. (2008). Páxina 279.
Galería Todas estas moedas amosan a sinatura de Pierre Joseph Tiolier no exergo do anverso, baixo o busto do rei.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. París. Forrer, L. (1916). Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 6. Spink & Son. Londres. Heather, E. (2008). The Lost World of James Smithson: Science, Revolution, and the Birth of the Smithsonian. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-59691-779-8 Théret, P. (2014). "Tiolier Pierre-Joseph ". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org. Weber, F. P. (1907). "Medals and medallions of the nineteenth century relating to England, by foreign artists". En The Numismatic Chronicle. Serie 4. Vol VII. Royal Numismatic Society. Londres.
Outros artigos Franco francés Monnaie de Paris Augustín Dupré Gravador xeral de moedas de Francia
Ligazóns externas
"Pier-Joseph Tiolier ". En Répertoire de Sculpture Française.
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1763 Categoría:Finados en 1819 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado