Manuel Carballal Pena, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) en 1898 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1948, foi un político galego.
Traxectoria Taberneiro en Vila de Cruces. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón. Xulgado e Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro de 1937 por auxilio á rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,El Progreso, 8-1-1937, p. 3. foi condenado a cadea perpetua.El Progreso, 27-1-1937, p. 1. Foi trasladado ao forte de San Cristovo en Pamplona en maio de 1937. Sufriu expediente de incautación de bens en outubro de 1937. Participou na fuga do penal de Pamplona o 22 de maio de 1938 e foi capturado, reingresando ao día seguinte. Foille conmutada a pena a 3 anos o 12 de decembro de 1942 e volveu a Vila de Cruces. En 1948 foi novamente procesado e encarcerado, acusado de axudar á guerrilla antifranquista. Suicidouse no cárcere da Coruña o 15 de decembro de 1948.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vítimas da represión franquista en Vila de Cruces
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Suicidios en 1948