Julio Le Riverend Brusone, nado na Coruña o 22 de decembro de 1912 e finado na Habana o 12 de maio de 1998, foi un político e historiador cubano especializado na historia económica de Cuba.
Traxectoria Súa nai era a francesa María Magdalena Clara Brusone e seu pai, Luis Le Riverend Marrero, era o cónsul de Cuba na Coruña, cidade na que naceu Julio e na que viviu 3 anos antes de que a súa familia marchara a Cuba. Alí estudou ata obter un doutoramento en Dereito e en Ciencias Políticas, Económicas e Sociais na Universidade da Habana. Non obstante, a ditadura de Gerardo Machado obrigouno a exiliarse a Francia en 1932 e 1933, onde foi secretario xeral da Unión Latinoamericana de Estudantes. Despois, dende 1943 ata 1947, exerceu en México onde obtivo a licenciatura de catedrático de Historia no Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia e do Colexio de México, antes de volver a ensinar no seu país. Entre 1973 e 1976, entrou brevemente na política pasando a ser viceministro de Educación e embaixador de Cuba na UNESCO. Despois converteuse en director da Biblioteca Nacional da Habana.
Recibiu a orde da República española en 1960, entregada polo goberno da Segunda República no exilio.
Obra Lista non exhaustiva de obras escritas por Julio le Riverend:LeRiverend Brusone, Julio J. sur WorldCat
Sintesis histórica de la Cubanidad en el siglo 18, Molina y Compañía, 1940 Los orígenes de la economía cubana: 1510-1600, Colexio de México, 1945 Crónicas de la conquista del Perú, Ed. Nueva España, 1946 La Habana: biografía de una provincia, El Siglo XX, 1960 Historia económica de Cuba, La Habana, ed. Nacional de Cuba, 1965) Breve historia de Cuba (1981)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1998 Categoría:Alumnos da Universidade da Habana Categoría:Historiadores de Cuba Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes