Chanida Phaengdara Potter, nada en Vieng Xai o 28 de maio de 1984, é unha escritora e activista de Laos, traballadora nas comunidades da diáspora do sueste asiático e lao nos Estados Unidos de América.
Traxectoria Naceu na zona agrícola de Viengxai, onde a súa familia fora levada como prisioneiros políticos despois da guerra a campos de traballo e reeducación. En 1987, logo de tres anos en campos de refuxiados, a familia solicitou asilo político nos Estados Unidos e estableceuse en Minneapolis (Minnesota).
Fixo Estudos Globais e Comunicación na Universidade de Minnesota-Twin Cities, e fixo un mestrado na Universidade Hamline. Traballou no Twin Cities Daily Planet, Asian American Press, The Uptake, Minnesota Public Radio, Star Tribune, Pioneer Press e Voice of America. As súas publicacións céntranse na diáspora lao, os asuntos internacionais e o desenvolvemento sustentable a través dos medios de comunicación. En 2010 estivo presente na primeira Conferencia de Escritores Lao dos Estados Unidos canda a Saymoukda Vongsay, Catzie Vilayphonh e Bryan Thao Worra. Tamén estivo presente na segunda Conferencia de 2015, celebrada co Simposio Lao-estadounidense, co tema "A nosa viaxe compartida". En 2011 cofundou a publicación dixital Little Laos on the Prairie canda a Danny Khotsombath.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Little Laos on the Prairie
Categoría:Estadounidenses de ascendencia laosiana Categoría:Escritores de Laos Categoría:Alumnos da Universidade de Minnesota Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Laos Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes