Uzeda é unha banda italiana de rock alternativo fundado en Catania no ano 1987 polo vocalista Giovanna Cacciola, os guitarristas Agostino Tilotta e Giovanni Nicosia, o baixista Raffaele Gulisano e o batería Davide Oliveri.
Steve Albini coñeceu ao grupo despois do lanzamento do seu álbum de estrea, Out of Colours, e fixéronse grandes amigos; dende ese momento Albini gravou todos os seus discos agás The Peel Sessions.
En 1994 a banda foi convidada ao programa da BBC John Peel Show, e desas gravación publicouse un álbum. Ao final dese ano Nicosia deixou a banda.
Despois da xira de promoción de Different Section Wires, a banda iniciou un longo hiato, e Cacciola e Tilotta formaron Bellini, xunto co batería Damon Che de Don Caballero, e o baixista Matthew Taylor, editando o traballo Snowing Sun a través de Monitor Records e Palace Records. Despois de que Damon Che fose substituído por Alexis Fleisig (Girls Against Boys), Bellini publicou Small Stones e The Precious Prize of Gravity a través do selo Temporary Residence Limited. Durante este período Oliveri e Gulisano gravaron o álbum de 2001 Aria con Gianna Nannini, ademais de música para os debuxos animados de Enzo D'Alò Momo alla conquista del tempo.
En 2006 Uzeda regresou cun novo álbum, Stella, gravado novamente por Steve Albini. En 2019 a banda publicou o seu derradeiro álbum ata a data, Quocumque jeceris stabit.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloOut of Colours1991A.V. ArtsWaters1993A.V. ArtsThe Peel Sessions1994Strange Fruit Records41995Touch and Go RecordsDifferent Section Wires1998Touch and Go RecordsStella2006Touch and Go RecordsQuocumque jeceris stabit2019Temporary Residence Limited
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Bandcamp do grupo
Categoría:Grupos musicais de Italia Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais formados en 1987