A tempada 2019 foi a 41ª edición do Campionato de Galicia de Rally. Comezou o 1 de marzo no Rally da Coruña e rematou o 16 de novembro no Rally Mariña Lucense. O vencedor foi Víctor Senra, que gañou o seu terceiro título consecutivo. Os seus principais rivais foron Alberto Meira (2º) e Iago Caamaño (3º).
Calendario N.ºDataRallyResultados11-2 de marzo23.º Rally da CoruñaResultados26-7 de abril35.º Rally de NoiaResultados318-19 de maio53.º Rally Rías BaixasResultados415-16 de xuño32.º Rally Cidade de NarónResultados513-14 de xullo16.º Rally Sur do CondadoResultados610-11 de agosto27.º Rally BotafumeiroResultados721-22 de setembro8.º Rally Ourense-Lugo-Ribeira SacraResultados826-27 de outubro41.º Rally San FroilánResultados916 de novembro1.º Rally Mariña LucenseResultados
Cambios e novidades
Vehículos admitidos Os vehículos admitidos dividíronse en cinco agrupacións:
Agrupación 1: WRC, R5, S2000, R4, N1, N5, N6, Grupo A (4x4), Grupo N (4x4), Grupo X, GT, RGT, Grupo G, Grupo P, Grupo SCC. Agrupación 2: R3T, R3C, S1600, R2C, N2, Grupo N (2RM), Grupo A (Menos 2.0 cc), Grupo G, Grupo X. Agrupación 3: R3B, R3D, N3, Grupo A (Menos 1.6 cc), Grupo N (Menos 2.0 cc 2RM), Grupo X (Menos 2.000 cc 2RM), Históricos (Máis 1.600 cc, 2RM) Agrupación 4: Grupo N (-1.600 cc), R1A/R1B (Menos 1.600 cc), Grupo X (Menos 1.600 cc), Históricos (Menos 1.600 cc, 2RM) Agrupación 5: Todos o grupos de menos de 1.000 cc, excepto históricos.
Puntuación Sistema de puntuación para a clasificación xeral: Posición12345678910Puntos252015121086421 Sistema de puntuación para cada agrupación: Posición12345678910Puntos10987654321 Para definir o total de puntos obtidos por un participante nunha proba debíanse sumar os puntos obtidos na clasificación xeral e na agrupación e logo multiplicalos polo coeficiente da proba.
Equipos EquipoAutomóbilPilotoCopilotoRoldasAres RacingHyundai i20 R5Iván AresJosé Antonio Pintor1Yacar RacingCitroën C3 R5Víctor SenraRamón López1-2David Vázquez3-7Recalvi TeamAlberto MeiraJosé Murado1-9Renault Clio N5Jorge Cagiao SueirasMaría Blanco Amelia1-7Escuadra Lalín-DezaFord Fiesta R5Iago CaamañoAlberto Rodríguez1-8Volkswagen Polo GTI R59Galicia MotorsportRenault Clio R3 MaxiJorge Pérez OliveiraJuan Gándara Fernández1-2Avelino Martínez López3Renault Clio N54-9SEAT MarbellaRicardo Estévez CortizoÓscar Otero Blanco1, 3-4, 6-9Ignacio Sayáns Riveiro2Despezamentos Tino RacingFord Fiesta N5Celestino IglesiasJorge Iglesias1-8Vanessa Maquieira9Escuadra Miño-LugoPeugeot 208 R2Francisco Dorado VizcainoRoi Torrente1-5, 7Peugeot 208 T168
Rallys
23º Rally da Coruña
A tempada comezou por terceiro ano consecutivo co Rally da Coruña. Constou de oito tramos que discorreron polos concellos de Coirós, Aranga, Arteixo, Culleredo, A Laracha e Cerceda, estando situado o parque pechado no Parrote. O primeiro tramo tivo que ser neutralizado pola evacuación dun espectador cun amago de infarto, igual que o sétimo tramo, este por unha saída de pista de Jorge Cagiao, na que a súa copiloto, Amelia Blanco, tivo que ser atendida polas asistencias. Tamén tiveron que atender a Lorena Maroño, copiloto de Manuel González, tras un accidente.
O defensor do título, Víctor Senra, comezou liderando os primeiros tramos co seu novo Citroën C3 R5, pero unha picada de roda no cuarto tramo, en Aranga, decantou a vitoria a favor de Iván Ares, que deste xeito gañou por segundo ano consecutivo a proba coruñesa, que finalmente sería o único rally do campionato galego que disputaría ese ano. Completou o podio do Parrote Iago Caamaño, que gañou o seu duelo particular con Alberto Meira, despois de que este perdera moito tempo ao realizar un trompo e non puidera remontar. Por detrás chegaron o portugués Ricardo Costa, Antonio Fernández e os veteranos Tino Iglesias e Manolo Senra. +PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Iván Ares José PintorHyundai i20 R5Ares Racing46:48.2472 Víctor Senra Moncho LópezCitroën C3 R5Yacar Racing47:22.5853 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín-Deza48:16.6264 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team48:28.1155 Ricardo Costa Rui VilaçaCitroën DS3 R5Dona Urraca50:04.7176 Antonio Fernández Alejandro LópezMitsubishi Lancer Evo IXMiño-Lugo51:33.5307 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta R5Desguaces Tino Racing51:38.0648 Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiSenra Sport51:49.9669 José Manuel Lista Iván CarmonaMitsubishi Lancer Evo IXJ. Lista Competición52:15.34810 Jorge Pérez Oliveira Juan GándaraRenault Clio R3 Evo MaxGalicia Motorsport52:22.264
35º Rally de Noia
A segunda cita da tempada foi o Rally de Noia, para o que se inscribiron máis de 150 pilotos. Celebrouse a primeira fin de semana de abril e constou de nove tramos que discorreron polos concellos de Noia, Lousame, Outes, Mazaricos e O Porto do Son.
Comezou liderando Iago Caamaño tras o tramo do venres, por diante de Alberto Meira e Ricardo Costa. Porén as duras condicións meteorolóxicas do sábado provocaron un gran número de abandonos. Iago Caamaño tivo que abandonar dous quilómetros despois da saída por un problema coa bomba da auga, sorte semellante á que correu Alberto Meira ao pararlle o coche na metade dun tramo. Ao remate dos tramos da mañá Víctor Senra xa ocupaba a primeira posición, por diante de Ricardo Costa e Tino Iglesias. Con todo, na segunda pasada por Mazaricos, Senra saíuse da pista e perdeu 50 segundos, perdendo a primeira posición a favor de Ricardo Costa. Mais recuperou o liderado nos tramos da tarde, marcando o mellor tempo en todos eles e logrando a súa segunda vitoria no Rally de Noia, dous anos despois da primeira. Ademais colocouse primeiro no Campionato. Por detrás chegou Ricardo Costa a 20 segundos de Senra e case dous minutos por riba do terceiro. A terceira praza estivo máis disputada, pasando por varias mans como as de Manolo Senra, Amador Vidal ou Tino Iglesias. Estes dous últimos víronse obrigados a abandonar tamén e Jorge Cagiao logrou subir ao podio en terceira posición, con Senra cuarto. PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra Moncho LópezCitroën C3 R5Yacar Racing57:31.1212 Ricardo Costa Rui VilaçaCitroën DS3 R5Dona Urraca57:51.1683 Jorge Cagiao Amelia BlancoRenault Clio N5Recalvi Team59:41.5624 Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiSenra Sport1h00:11.0005 Antonio Rodríguez Lara RomeroVolkswagen Polo N5Berberecho1h00:37.4156 Alberto Nimo José Antonio PintorMitsubishi Lancer Evo XLalín-Deza1h00:41.0327 Antonio Fernández Miguel VidalMitsubishi Lancer Evo IXMeira1h01:03.4698 Jorge Pérez Oliveira Juan GándaraRenault Clio R3 Evo MaxGalicia Motorsport1h01:44.0229 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo1h02:04.02910 César Gonzalves Miguel PeñaMitsubishi Lancer Evo IXA Pontenova1h02:23.677
53º Rally Rías Baixas
O terceiro rally do calendario foi o Rías Baixas, consistente en 11 treitos entre Vigo, Gondomar, O Porriño e Salceda de Caselas, e que contou coa inscrición de 152 equipos.
Tras a disputa dos dous treitos urbanos do venres o portugués Ricardo Costa colocouse líder, con tres décimas de vantaxe sobre o asturiano Óscar Palacio, e un segundo sobre Alberto Meira, terceiro. Víctor Senra sufriu un trompo e perdeu doce segundos co líder, rematando o día en novena posición. Con todo, Senra colocouse líder do rally xa no primeiro tramo do sábado, ao sacarlle case 13 segundos ao segundo, Alberto Meira, e máis de 17 a Costa. Perdeu a primeira posición no terceiro treito fronte a Alberto Meira, que marcou o mellor tempo nese tramo e no seguinte, pero un trompo de Meira e outro scratch de Senra, fixeron que este último se colocase de novo na primeira posición tras o TC-5 en Salceda de Caselas. Uns problemas no turbo de Meira fixéronlle perder moito tempo nos seguintes tres treitos, que se adxudicou Senra, e aínda que conseguiu solucionalos e marcar o mellor tempo nas tres últimas pasadas non logrou arrebatarlle a vitoria ao piloto de Dumbría, que lograba así a súa primeira vitoria nesta proba, con Meira segundo e Costa completando o podio. PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra Moncho LópezCitroën C3 R5Yacar Racing1h07:27.4952 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team1h07:48.7963 Ricardo Costa Rui VilaçaCitroën DS3 R5Dona Urraca1h08:19.5474 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín Deza1h08:31.9725 Manuel Fernández Alejandro CidFord Fiesta R5T. Martínez Racing1h08:57.0046 Óscar Palacio José Luis SánchezFord Fiesta R5Recalvi Team1h10:15.6337 Luis Vilariño Alfredo CarballoFord Fiesta N6Lalín Deza1h10:31.2338 David González "Couceiro" Gustavo PirisFord Fiesta R5Rías Baixas1h10:53.8319 Jorge Cagiao Amelia BlancoRenault Clio N5Recalvi Team1h11:08.50110 Pablo Rey Luis HernándezSuzuki Swift N5A. Ferrol1h11:45.810
32º Rally Cidade de Narón Despois das Rías Baixas foi a quenda do Rally Cidade de Narón. 130 pilotos realizaron a súa inscrición para os máis de 100 km programados en 10 treitos.
Víctor Senra foi o máis rápido no tramo especial do venres, por diante de Jorge Cagiao e Iago Caamaño, con Alberto Meira cuarto. Con todo, os problemas mecánicos de Senra e unha roda picada de Meira, fixeron que Iago Caamaño se colocase líder e que tras a primeira pasada aos tres treitos do sábado, xa lle sacase case 9 segundos a Meira e 11 a Senra. A vantaxe aumentou aínda máis na segunda pasada e, aínda que Meira conseguiu recortar algo na terceira, non foi suficiente para impedir a vitoria de Caamaño. O triunfo do piloto de Culleredo produciuse 30 anos despois do logrado por seu pai, José Caamaño, que venceu na segunda edición do rally, en 1989. PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín Deza52:32.6152 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team52:39.9063 Víctor Senra David VázquezCitroën C3 R5Yacar Racing53:01.3464 Jorge Cagiao Amelia BlancoRenault Clio N5Recalvi Team54:10.69211 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing56:08.69512 Antonio Fernández Alejandro LópezMitsubishi Lancer Evo VIIIMeira56:40.7405 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio N5Galicia Motorsport56:53.2816 Manuel Sandamil Adrián VarelaSuzuki Swift N5A Pontenova57:14.5187 Antonio López Raquel RodríguezPeugeot 106 GTIPontevedra 1984 Team57:19.1948 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo57:32.3669 Fernando Rico Lorena RicoBMW M3 E36A. Ferrol57:45.23110 Daniel Castro Sergio MartínezPeugeot 208 R2Meira57:58.038
16º Rally Sur do Condado A quinta proba da tempada foi o Rally Sur do Condado, 9 tramos para os que se inscribiron 130 equipos. Alberto Meira comezou liderando, ao marcar os mellores tempos nos dous primeiros treitos, por diante de Iago Caamaño. O máis rápido no terceiro tramo foi Víctor Senra, pero mantendo Meira o liderado, até que un trompo no cuarto tramo, en Ponteareas, deixou ao piloto de Gondomar case sen opcións. Con todo, gañou o quinto treito, mentres que o sexto foi para Iago Caamaño. Pola súa banda, Manuel Fernández Estévez, o máis regular do rally, gañou o sétimo treito e colocouse líder da proba a falta dos dous últimos tramos, aproveitando unha picada de roda de Senra e o abandono de Iago Caamaño tras perder unha roda. Meira foi o máis veloz no penúltimo treito, con Fernández segundo, quen deste xeito aumentou a súa vantaxe sobre Senra. Pero o piloto de Dumbría conseguiu vencer no último tramo, con 11 segundos de vantaxe sobre Meira e 18 sobre Fernández, logrando así a súa terceira vitoria da tempada e a primeira neste rally. Manuel Fernández e Alberto Meira acompañárono no podio.