Revista Contemporánea foi unha revista cultural publicada en Madrid entre 1875 e 1907, fundada por José del PerojoMejías Alonso e Arias Coello (1998), pp. 245Dorca (1996), pp. 79-100 e valorada por algúns autores como a máis importante do derradeiro cuarto do século XIX.Jiménez García (1994), p. 275

Traxectoria Editada en Madrid, o seu primeiro número apareceu o 15 de decembro de 1875;Asún (1988), p. 81 publicouse até o 15 de xuño de 1907Camoira (2020), p.19Bataillon (1950), p. 410Cobos Castro (1987-1988), pp. 105-110 e mantivo unha periodicidade quincenal e mensual. Contou con seccións como: "Crónica política", "Revista Extranjera" ou "Boletín Bibliográfico". Nas súas páxinas presentáronse artigos referidos a Rosalía de Castro ou o rexionalismo galego.

Inspirada polo seu fundador, José del Perojo, nos seus inicios adoptou un enfoque europerísta e liberal e serviu como vehículo introdutor de ideas neokantianas e positivistas en EspañaNúñez Encabo (1999), p. 58Mejías Alonso e Arias Coello (1998), pp. 245-246 e, nela, sostivo duras polémicas cos neocatólicos como Menéndez Pelayo sobre a ciencia española.

Con todo, tras dificultades económicas, a revista foi traspasada en 1879 a un novo propietario, José de Cárdenas Uriarte, que modificou a liña editorial notablemente cara a posturas próximas ao canovismo conservador. Foron directores da publicación, ademais de Del Perojo e Cárdenas, Rafael Álvarez Sereix e Francisco de Asís Pacheco.Mora (2014), p. 131

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas españolas do século XIX Categoría:Revistas españolas do século XX