Un gránulo azurófilo é un gránulo celular doadamente tinguible coa tinguidura Romanowsky. Nos glóbulos brancos do sangue (e nas zonas hipercromatínicas), a tinguidura da célula dá a estas partes unha cor con tons bordeos, borgoña ou merlot. No caso dos neutrófilos os gránulos azurófilos conteñen unha ampla variedade de defensinas antimicrobianas, que se fusionan cos vacúolos fagocíticos. Os gránulos azurófilos poden conter mieloperoxidase, fosfolipase A2, hidrolases ácidas, elastase, defensinas, serina proteases neutras, proteína que incrementa a permeabilidade/bactericida, lisozima, catepsina G, proteinase 3 e proteoglicanos.

Os gránulos azurófilos das células da liña mielocítica granulocitica tamén se denominan gránulos primarios.

Células en réptiles Ademais, o termo "azurófilo" pode referirse a un tipo de células especial que se encontran só en réptiles, chamadas células azurófilas. Estas células son similares en tamaño ás denominadas heterófilas, con abundante citoplasma que pode ser desde finamente a groseiramente granular e ás veces pode conter vacúolos. Os gránulos poden darlle ao citoplasma da célula un ton púrpura, especialmente na rexión externa. Ocasionalmente, as células azurófilas presentan citoplasma vacuolado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gránulo (bioloxía) Lisosoma Gránulo específico Desgranulación de neutrófilos

Categoría:Hematoloxía Categoría:Tinguiduras