Roque Camilo Carrero Lorenzo, nado en Camposancos (A Guarda) o 16 de agosto de 1884 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Camposancos. Estivo emigrado na República Dominicana, traballou en Santo Domingo na firma Munne e despois fundou a sociedade García & Carrero e máis tarde asociosuse con Vega, Pérez & Company. Retornou á Guarda en 1930 e construíu a Casa das Torres. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado segundo tenente de alcalde da xestora municipal. Militou no PSOE, foi presidente da Casa do pobo e concelleiro e tenente alcalde da Guarda. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada traseira do edificio do Instituto o 9 de decembro de 1936 con Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Antonio Rodríguez Rodríguez, Francisco Fandiño Piñeiro, Venancio Cibeira Rodríguez e Manuel Gómez Besada.El Pueblo Gallego, 10-12-1936, p. 9.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Roque Camilo Carrero Lorenzo Segunda República Española na Guarda

Categoría:Galegos da República Dominicana Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros da Guarda Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Guarda

Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1936