Pham Tuan, nado en Kiến Xương (Vietnam) o 14 de febreiro de 1947, é un astronauta vietnamita que formou parte das misións Soiuz 36 e Soiuz 37. Foi o primeiro vietnamita no espazo.
Traxectoria Pham Tuan é enxeñeiro e piloto da Forza Aérea de Vietnam. Participou na Guerra de Vietnam e chegou a Maior Xeneral da Forza Aérea. Participou nas misión Soiuz 36 e Soiuz 37, pasando un total de 7,86 días no espazo. Foi o primeiro astronauta vietnamita e o primeiro astronauta asiático (non ruso).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 36 Soiuz 37
Categoría:Astronautas de Vietnam Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Vietnam