Darío a diario é un poemario de Xela Arias, editado en 1996. Foi o terceiro libro da autora, tras Denuncia do equilibrio (1986) e Tigres coma cabalos (1990), todos eles publicados por Edicións Xerais de Galicia. Temática A súa cerna é a maternidade abordada desde unha perspectiva de xénero e naceu nun inicio como unha forma de explicarlle a poeta ao seu fillo as súas intencións maternas e as contradicións da maternidade.
Valoración Víctor Freixanes dixo delː
Chus Nogueira dixo delː
Edicións A primeira edición foi publicada por Xerais en 1996, cunha foto na portada na que aparece o propio Darío acabado de nacer, tomada polo seu pai, e marido da autora, o fotógrafo Xulio Gil Rodríguez.
A obra está incluída na recompilación Poesía reunida (1982-2004), editada por Chus Nogueira e publicada por Xerais na colección Xerais clásicos en 2018.
En 2021, co gallo de dedicárselle á autora o Día das Letras Galegas, a mesma editorial fixo unha reedición, con prólogo de Berta Dávila e ilustracións de Iván R., dentro da colección infantil e xuvenil CamaleónEdición de 2021 no sitio web de Xerais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Maternidade
Categoría:Xela Arias Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1996 Categoría:Edicións Xerais de Galicia