Amparo Arango Fernández, nada na Habana o 2 de abril de 1907,Pintos (2016) foi unha química e farmacéutica galega.
Traxectoria Realizou estudos superiores de Química e Farmacia na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1926 e 1931. Foi discípula de Isidro Parga Pondal, xunto a Encarnación Fraga Padín e Dolores Lorenzo Salgado.
Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929, co traballo Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia III: Análisis de las wolframitas de Juno, Monte Neme, Casayo, A Veiga y Vilacoba, que se publicou nos Anales de la Sociedad Española de Física e Química.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela
Ligazóns externas
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1907 Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos