A Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal é un texto do ilustrado coruñés José Cornide Saavedra, redactado en 1764. Contido No documento, Cornide describe as principais parroquias da costa galega, desde Ribadeo até A Guarda, e da fronteira con Portugal, desde o río Miño e pola Raia até Manzalvos. Céntrase especialmente en cuestións militares, como a presenza de fortalezas, a capacidade dos portos e o reconto de soldados. O libro estrutúrase en dez capítulos que corresponden a outros tantos partidos militares: Ribadeo, Viveiro, Ferrol, A Coruña, Camariñas, Muros, Pontevedra, río Miño, Raia Seca e Monterrei.
Edicións
O manuscrito orixinal do libro consérvase no Arquivo do Reino de Galicia. Trátase dun volume encadernado en pergamiño, con 113 folios numerados máis outro inicial. O texto permaneceu inédito até 1991, en que foi publicado por Ediciós do Castro con edición de Xosé Luís Axeitos.
Notas
Categoría:Documentos Categoría:Xeografía de Galicia Categoría:1764 en Galicia Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Cartografía