miniatura|Un satélite Poppy 24 polgadas. Poppy foi o nome dunha serie de satélites de recoñecemento electrónico estadounidenses sucesores dos satélites Grab.

Características Os satélites Poppy foron deseñados e construídos pola Armada dos Estados Unidos de América. Foron lanzados entre 1962 e 1971 e a súa función era detectar e clasificar sinais electrónicos doutras nacións, principalmente de radares soviéticos. Os satélites clasificábanse en tres familias: Poppy 20 polgadas, Poppy 24 polgadas e Poppy multifacetados. Todos foron lanzados mediante foguetes Thor Agena D.

Poppy 20 polgadas Os Poppy 20 polgadas foron a primeira xeración de satélites Poppy. Tiñan forma esférica cun diámetro de 20 polgadas (uns 51 cm) máis unha banda cilíndrica central que lle daban ao satélite unha lonxitude de 61 cm. Do corpo do satélite saían varias antenas para a detección de sinais electrónicas. Lanzáronse cinco Poppy 20 polgadas, con só dous chegando a órbita e tres fallando por problemas co foguete lanzador.

Poppy 24 polgadas Os Poppy 24 polgadas tiñan un diámetro de 24 polgadas (uns 61 cm) mais unha banda cilíndrica central que aumentaba a lonxitude do satélite a 81 cm. Do corpo do satélite saían varias antenas. A maioría levaban cargas científicas secundarias. Lanzáronse oito Poppy 24 polgadas, con só dous fallos.

Poppy multifacetados Os Poppy multifacetados tiñan unha estrutura de 61 cm de diámetro cunha lonxitude de entre 81 e 86 cm. A súa superficie estaba formada por facetas cubertas con células solares para aumentar a potencia dispoñible. Algúns levaban cargas secundarias polas que eran denominados cara ao público para non revelar a súa natureza militar. Lanzáronse once Poppy multifacetados, todos con éxito.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasPoppy 3A13 de decembro de 1962Thor Agena DPoppy 20 polgadas. Fallo.Poppy 3B13 de decembro de 1962Thor Agena DPoppy 20 polgadas. Fallo.Poppy 4B15 de xuño de 1963Thor Agena DPoppy 20 polgadas. Fallo.Poppy 4A15 de xuño de 1963Thor Agena DPoppy 24 polgadas. Fallo.Poppy 4C15 de xuño de 1963Thor Agena DPoppy 24 polgadas. Fallo.Poppy 5B11 de xaneiro de 1964Thor Agena DPoppy 20 polgadas. Éxito.Poppy 5C11 de xaneiro de 1964Thor Agena DPoppy 20 polgadas. Éxito.Poppy 5A11 de xaneiro de 1964Thor Agena DPoppy 24 polgadas. Éxito.Poppy 6A9 de marzo de 1965Thor Agena DPoppy 24 polgadas. Éxito.Poppy 6C9 de marzo de 1965Thor Agena DPoppy 24 polgadas. Éxito.Poppy 6D9 de marzo de 1965Thor Agena DPoppy 24 polgadas. Éxito.Poppy 7A31 de maio de 1967Thor Agena DPoppy 24 polgadas. Éxito.Poppy 7B31 de maio de 1967Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 7C31 de maio de 1967Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 7D31 de maio de 1967Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 8A30 de setembro de 1969Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 8B30 de setembro de 1969Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 8C30 de setembro de 1969Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 8D30 de setembro de 1969Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 9A14 de decembro de 1971Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 9B14 de decembro de 1971Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 9C14 de decembro de 1971Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.Poppy 9D14 de decembro de 1971Thor Agena DPoppy multifacetado. Éxito.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Thor Agena D

Categoría:Satélites artificiais