Potok ou Geizer foi unha serie de satélites de comunicacións militares da Unión Soviética.

Características Os satélites Potok servían de enlace entre estacións terrestres e os satélites de recoñecemento Yantar-4KS1 e Yantar-4KS1M. Levaban a bordo os transpondedores Slav-2 e Sintez en banda C e usaban unha antena octogonal de aliñamento de fase. Operaban desde a órbita xeoestacionaria e lanzáronse dez entre 1982 e 2000, todos con éxito e mediante foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasPotok 117 de maio de 1982Proton K/DMÉxitoPotok 22 de marzo de 1984Proton K/DMÉxitoPotok 34 de abril de 1986Proton K/DMÉxitoPotok 41 de outubro de 1987Proton K/DM-2ÉxitoPotok 51 de agosto de 1988Proton K/DM-2ÉxitoPotok 618 de xullo de 1990Proton K/DM-2ÉxitoPotok 722 de novembro de 1991Proton K/DM-2ÉxitoPotok 821 de setembro de 1994Proton K/DM-2ÉxitoPotok 930 de agosto de 1995Proton K/DM-2ÉxitoPotok 104 de xullo de 2000Proton K/DM-2Éxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proton K/DM Proton K/DM-2

Categoría:Satélites artificiais