Disney+ (pronunciado Disney Plus) é un servizo de vídeo baixo demanda en streaming que é propiedade e é xestionado pola división Media and Entertainment Distribution de The Walt Disney Company. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión de The Walt Disney Studios e Walt Disney Television, achegando tamén contido das compañías Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e Star. Os filmes e as series de televisión orixinais do servizo tamén son distribuídos en Disney+.
O servizo lanzouse ofialmente nos Estados Unidos de América, no Canadá e mais nos Países Baixos o 12 de novembro de 2019, e céntrase no contido de cinema e televisión de Walt Disney Studios.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Disney