miniatura|Mapa de Xermania, contra o ano 50. Os hermunduros (en latín, Hermunduri), hermanduri (Hermanduri), hermundulos (Hermunduli), hermonduros (hermonduri) ou hermondulos, foron unha antiga tribo xermánica, citada polo historiador romano Tácito e que, segundo o cal, ocuparon a área en torno ao que agora corresponde á Turinxia, Saxonia, Franconia e o Norte da Baviera, no período comprendido entre o século I e III. Eran veciños dos Chatti no oeste, dos Cherusci e dos anglos polo norte, dos semnones polo nordeste e dos marcomanos polo sur.
Tradicionalmente, afirmouse a relación entre os hermunduros e os turinxios, como sucesores daqueles, pero hoxe está moi cuestionada.
Traxectoria Aínda que non hai moitas informacións sobre eles, varios autores da antigüidade ofrecen noticias parciais. Así, Estrabón cita os hermunduros como un pobo nómade suevo, que vive ao leste do Elba;Estrabón (2001), p. 229 (Libro VII, 1, 3) Dión Casio relata por primeira vez que o ano 1, un romano chamado Domicio (posibelmente Lucio Domicio Enobarbo) "mentres aínda gobernaba os distritos ao longo do Ister (Danubio), interceptou aos hermunduri, unha tribo que por algunha razón abandonara a súa terra e vagaba na procura doutra, e que se asentaron en parte da terra dos marcománs."
Plinio o Vello, na súa Naturalis Historia, cita aos hermunduros como un dos pobos dos hermións, todos descendentes de Mano. Na mesma categoría coloca aos catos, queruscos e suevos. Pola súa banda, Tácito na súa Xermania, describe aos hermunduros entre os pobos suevos, colocándoos preto do Danubio e nas fontes do Elba.
miniatura|Fibelas hermunduras (Museo de Berlín). Nos seus Anais, Tácito relata como o hermunduro Vibilio, no 18, liderou o derrocamento do rei marcomano CatualdaTácito (1979), p. 176 (Libro II, 63, 5) en favor do cuado Vanio; contra o 50, Vibilio, aliado cos sobriños de Vanio, Vangión e Sidón, e aliado cos lugii, liderou a deposición e expulsión de Vanio.Tácito (1980), p. 68 (Libro XII, 29) No 58, os hermunduros derrotaron os catos nunha disputa de fronteira por un río de importancia relixiosa.
Os hermunduros tiveron, tamén, moitos conflitos cos quadi nunha fronteira fluvial con salinas e que se especula poderían ser ou o río Werra ou do Saale saxón. Finalmente, os hermunduros venceron neste conflito.
Tamén se coñece a presenza dos hermunduros nas guerras de Marco Aurelio contra os marcomanos, que tiñan como aliados a hermunduros, sármatas e quadi.
Tense escrito que os restos dos hermunduros convertéronse nos turinxios, argumentando que (-duri) podería ser unha forma corrompida (-thuri) e o sufixo xermánico -ing, suxire un significado de "descendentes de (ou [Herman] duri)". Esa hipótese hoxe está desbotada.Springer (2009), pp. 135 e ss.
Reis dos Hermunduros
Vibilio, c. 18 - c. 50
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Hermunduros