Ramón García Sampayo, coñecido como Ramón de Portarís ou Ramón de Landín, nado en Cervaña (Silleda) o 17 de abril de 1900 e finado en Ponte Sampaio (Pontevedra) o 12 de febreiro de 1991, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel García Moreiras e irmán de Manuel García Sampayo. A familia trasladouse a Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia. Militante de Falange, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado de Orde Pública e presidente da Xestora municipal do Concello de Meis a finais de xullo.La Voz de Galicia, 2-8-1936, p. 4. Permaneceu no cargo até 1938. Na segunda corporación franquista presidida por Manuel Chao Cousido foi segundo tenente alcalde. O 21 de febreiro de 1940 foi nomeado concelleiro, continuando no posto coa seguinte corporación nomeada o 2 de decembro dese ano. Volveu ser nomeado alcalde de Meis en 1944. Finou en Ponte Sampaio o 12 de febreiro de 1991.La Voz de Galicia, Pontevedra, 17-2-1991, p. 2

Vida persoal

Casou con Evangelina Sabarís, e foi pai de Salustiano, Martín, Ramón, Manuel, Celia e Carmen García Sabarís.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Informes

Fios ao redor de Seique

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Meis Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1900

Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes