A avenida de Beiramar é unha das principais vías urbanas da cidade de Vigo. Comunica a franxa costeira da cidade desde a saída da autoestrada AP-9 en Guixar até a súa confluencia coa rúa Eduardo Cabello, no distrito de Bouzas. Ten unha lonxitude de 5 km.

No seu traxecto atravesa tres tramos subterráneos, entre os que destaca o túnel de Beiramar, inaugurado no ano 1996 e por aquel entón convertido no túnel urbano de maior lonxitude de España.

Historia A vía planificouse e construíse na década dos 50 co obxectivo de conectar os núcleos mariñeiros de Bouzas e O Berbés e vertebrar así as industrias pesqueiras, conserveiras e de estaleiros que daquela seguían unha distribución anárquica arredor da beira marítima da cidade. Precisamente por seguir un traxecto que percorría a beira do mar, tomou o nome de "Beira-Mar", e finalmente derivou en Beiramar. O proxecto foi encargado pola Xunta de Obras do Porto de Vigo e orzamentado en máis de sesenta millóns de pesetas.

Estrutura Arquitectonicamente pódese dividir a avenida en tres tramos principais: Un primeiro tramo correspondente ao túnel de Beiramar. Conecta a saída da autoestrada co barrio do Berbés. Constitúe a parte máis nova da avenida. Un segundo tramo desde o Berbés até a rúa Coruña. Este tramo ten unha lonxitude de case 1 km e é o resultado da ampliación mediante un recheo de 150 cara ao mar. Esta ampliación permitiu a creación de 4 carrís de gran capacidade, así como terreos edificábeis a súa beira para a construción de industrias e outros inmobles. Nesta parte da avenida atópase o auditorio Mar de Vigo. Un último tramo desde a rúa Coruña até Bouzas. Esta parte da avenida foi construída atravesando estaleiros e industrias navais xa establecidas na zona, polo que resultou nun vial máis estreito e con beirarrúas menores.

Arquitectura miniatura|Fachada do estaleiro Hijos de Barreras S.L. Na avenida de Beiramar consérvanse algúns edificios destacados, sobre todo construción de carácter naval e industrial.

Auditorio Mar de Vigo, edificio construído polo arquitecto César Portela no 2001 sobre un edificio pesqueiro. Lonxa de Altura. Edificio das Oficinas Industriais Pesqueiras. Edificio granítico con soportais construído en 1947 polo enxeñeiro Eduardo Cabello. Edificio Frigoríficos de Vigo SA. Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico. Tamén de estilo industrial, construído polos arquitectos Luis Lardaga Gutiérrez e José López Zanón en 1965. Edificio M.A.R. (Motopesqueros de Altura Reunidos). Edificio industrial de seis alturas construído en 1940 pola empresa M.A.R., dedicada á pesca e conxelado do bacallau. Foi unha das primeiras empresas en se instalar na avenida de Beiramar. Edificio Pescanova-Frigodis. Edificio Frigoríficos Berbés SA. Fábrica de Conservas Albo. Estaleiro Hijos de J. Barreras. Estaleiros Cardama. Edificio Conservas Alfageme.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Porto de Vigo Túnel de Beiramar

Categoría:Rúas de Vigo